Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 02 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Os socialistas de Mos solicitan unha actualización da ordenanza do ICIO

No pleno do mes de xuño, aprobáronse bonificacións do ICIO para COREGAL, empresa colaboradora de COGAMI e para  a Comunidade de Montes de Torroso, pola ampliación do Dotacional para un futuro centro de día. Ámbalas dúas bonificacións tiñan informes desfavorables dos técnicos, posto que a ordenanza non está actualizada e non permite valorar correctamente estas solicitudes.

 

O debate en pleno resultou acalorado posto que dende o PSOE de Mos, quixeron insistir no feito de que comprenden a labor social destas entidades pero non poden pasar por alto a existencia de informes desfavorables. Polo que solicitaron unha actualización da ordenanza que permita aos técnicos ter a suficiente base xurídica para elaborar informes favorables.

 

A voceira socialista, Victoria Alonso, fai fincapé en que os colectivos teñen que ter unha ferramenta sólida a hora de solicitar este tipo de bonificacións, engade que a negativa do concello tan so pode explicarse con que o goberno local venda coma un favor algo que é un dereito. Alonso di que está forma de traballar ben sendo algo habitual en tódalas xestións que o goberno fai coa veciñanza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.