Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Jueves, 01 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno da Deputación celebrará este venres seis anos de mandato

O goberno provincial renderá contas ante a cidadanía coa presentación do balance destes seis anos ao fronte da institución provincial e no ecuador do segundo mandato

A explanada exterior do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, en Montero Ríos, acollerá o vindeiro venres, 9 de xuño, un acto público do goberno provincial de “rendición de contas ante a cidadanía” cando se compren seis anos ao fronte da institución e no “ecuador” do segundo mandato.

 

O goberno provincial fará balance destes seis anos da man da presidenta Carmela Silva e do vicepresidente César Mosquera nun acto, que comezará ás 12.00 horas, ao que están convocados alcaldes e alcaldesas dos concellos da provincia e asociacións e colectivos de todos os eidos.

 

O actual goberno de progreso da Deputación de Pontevedra, formado polos grupos do PSDG-PSOE e do BNG tomou posesión o 17 de xullo de 2015 abrindo unha nova etapa política despois de ducias de anos nos que a institución provincial estivo dirixida por gobernos de dereitas. O mandato foi revalidado fai agora dous anos nos que o executivo, aínda condicionado pola pandemia da Covid, deu novos pasos cara á consolidación dos eixos da dixitalización, a cohesión territorial, a transición ecolóxica e a igualdade, coa folla de ruta da Axenda 2030 e co investimento público como a principal ferramenta para a recuperación da provincia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.