DEPORTES
Lete aposta por unha trintena de olímpicos e paralímpicos galegos en Toquio
O DOG publicaba esta semana a convocatoria das Axudas Reto Galicia-Tokyo con Igualdade 2021
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, comentou nunha entrevista coa Televisión de Galicia, as opcións dos distintos galegos e galegas para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Toquio ao fío da última praza acadada en Verducido pola padexeria Antía Jácome no C1 200 metros. O mandatario galego asegurou que os olímpicos galegos poden superar a vintena xa que, no momento actual, suman un total de 18 clasificados mentres que os paralímpicos acadan a cifra dos 11, polo que o número de galegos que acuda aos Xogos superará, probablemente, a trintena. Todos eles, tanto olímpicos como paralímpicos, serán os beneficiarios das Axudas Reto Galicia-Tokyo con Igualdade 2021, publicadas nesta mesma semana no Diario Oficial de Galicia e cuxo prazo de presentación estenderase do 2 de xullo ao 30 de setembro.
Estas axudas insírense no ámbito do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte, para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O obxecivo é deseñar e transmitir contidos relacionados coa loita pola tolerancia, igualdade e non violencia no deporte e na vida, entendendo esta actuación como un medio fundamental para a educación da sociedade sen discriminación e que incumbe a todas as persoas. Deste xeito, os deportistas galegos olímpicos e paralímpicos que compian en Toquio participarán nas actividades de difusión así como nas actividades de promoción do deporte programadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego. Do mesmo xeito tamén participarán no programa ‘Reto 365 pola Igualdade’ e nos seus diversos actos de promoción.
Cómpre salientar a existencia de catro tipos de axudas: Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo 1, para aqueles deportistas que teñan participado en catro ou máis edicións dos Xogos ou obtiveran medalla (10.000 euros); Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo 2, para aqueles que teñan participado en tres ou menos edicións dos Xogos e non acadaran medalla (8.000 euros); Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo 3, para os que non teñan participado en ningunha edición anterior dos Xogos e a Axuda Reto con Igualdade Galicia-Tokyo Deporte Adaptado, para aqueles deportistas que compitan como apoio ou guía de deportistas paralímpicos (o 50% da axuda do deportista).
As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163