Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 02 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

30 xoves participan nas Xornadas Multiaventura do Concello de Mos

Hoxe remataron as Xornadas Multiaventura, que comenzaron o pasado día 28 de Xuño na Praia de Patos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira Julia Loureiro, visitaron esta mañá aos 30 mozos e mozas que están a participar nas xornadas multiaventura, que se levan a cabo en horario matinal, , facilitando os pais a conciliación familiar, na Praia de Patos.

 

“Xornadas Multiaventura”, é unha actividade lúdica – deportiva coa que Concellería de Educación busca alternativas de ocio e tempo libre con carácter lúdico, participativo e igualitario, e coa que se pretende que os mozos e mozas aprendan divertindose nunha actividade deportiva saudable e divertida, gozando no entorno natural.

 

A diversión durante este días non só viu da man do surf. Os mozos e mozas coñeceron a práctica doutros deportes acuáticos, como o PadelSurf ou o Kaiak, actividades de relaxación como o Ioga, e realizaron rutas de sendeirismo onde aprenderon máis sobre as especies de flora e fauna que nos rodean, así como actividades de conservación do medio ambiente, facendo fincapé na importancia de manter a nosa natureza limpa e aprendendo o que  tardan en desfacerse  os residuos que as  veces deixamos nas praias e montes.


Unha  experiencia única que se  levou a cabo coa colaboración da Escola de Surf PradoSurf, que facilitou  que os nosos mozos disfrutaran nun entorno incomparable dunhas actividades  participactivas e igualitarias que favorecen o seu desenvolvemento social e persoal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.