Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 03 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Asociación de Panadeiros presentaron ao concello o rexistro "Pan do Porriño"

Nun sinxelo acto celebrado  no salón de plenos, a Asociación de Panadeiros presentou ao Concello, o rexistro "Pan do Porriño" outorgado pola Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. David Alonso, concelleiro de Promoción Económica e Turismo; e Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festas, en representación do Concello, recibiron un exemplar do título acreditativo da marca "Pan do Porriño" que lucirá a partir de hoxe nas oito panaderías que promoveron esta marca e adheríronse ao selo. Son "Forno de Mosende", "Chinchina", "Argibay" "Amaquía" "O Progreso", "Erundina", Milagros" e "Panadería Torneiros".


Cinco dos oito panadeiros acudiron  a presentar o rexistro e agradecer ao Concello o seu apoio a "unha reivindicación que levou moitos anos de traballo e xestións ata acadar este recoñecemento", segundo explicou José Manuel Fernández, presidente da Asociación e propietario de "Forno de Mosende".


Na mesma liña, reivindicando a necesidade de recuperar a Festa do Pan e de atopar outros instrumentos de promoción nacional e internacional do Pan do Porriño, manifestáronse José Manuel Fernández ("Chinchina"); Claudio Argibay "Panaderia Argibay), Luis Miguel Iglesias ("Amaquía") e José Carlos Fernández ("O Progreso").
Pola súa banda a concelleira de Cultura e Festas expresou a súa satisfacción por "este empoderamento do Pan do Porriño por que é moi importante que se ligue a identidade da bola do pan co Porriño e con todas as actividades culturais e festivas que fagamos".


David Alonso manifestou que "benvido sexa este recoñecemento dunha tradición histórica". O concelleiro de Promoción Económica subliñou que as oito panaderías que integran a Asociación e lucirán o selo "xeran case cen postos de traballo no pobo o que supón unha fonte de ingresos para moitas familias".


Tanto Cami Moreira como David Alonso comprometéronse coa Asociación a manter reunións nos vindeiros días para reanudar neste ano a celebración da Festa do Pan (probablemente en outubro) e lanzar outras iniciativas de promoción e coñecemento do "Pan do Porriño". 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.