Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Domingo, 04 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Goberno da Deputación aproba case dous millóns de euros para outros oito municipios

A Xunta de Goberno aprobou achegas para os concellos de Silleda, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Meis, Sanxenxo, Bueu, Tomiño e Oia

Dous millóns de euros chegarán a oito municipios da provincia grazas a novas achegas da liña 1 do Plan Concellos aprobadas hoxe na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra. Os recursos irán destinados a Silleda, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Meis, Sanxenxo, Bueu, Tomiño e Oia para realizar investimentos que “teñen que ver con melloras de viarios, coa mobilidade peonil e ciclabe, co saneamento e incluso coa adquisición de terreos para un aparcamento”, tal e como resaltou Carmela Silva.

 

Silleda contará cunha importante achega de 605.300 euros, o que supón o 75% da súa partida do Plan Concellos, para mellorar varios viarios en Taboada, Margaride, Dornelas, Moalde e outras parroquias co fin de mantelos en condicións óptimas para a seguridade das persoas usuarias. A Caldas chegarán 196.000 euros para o saneamento de residuais no lugar de Paraimas, na parroquia de Saiar, e a Campo Lameiro 165.000 euros para a rehabilitación superficial de camiños de Lamosa, Castro de Orto, Conla, Agrelo e Fontenla.

 

A Deputación destina ao concello de Meis 102.000 euros cos que se pavimentarán camiños municipais tanto do rural como de contornas máis urbanas. As subvencións chegarán a Sanxenxo con 273.000 euros para sufragar a parte que lle corresponde ao concello da mellora da seguridade viaria e senda peonil na EP-9212 entre Noalla e a Praia da Lanzada.

 

Para Bueu a Xunta de Goberno aprobou 98.000 euros co fin de ampliar os nichos, columbarios e cinceiros do seu cemiterio que acada unha ocupación de case o 100%. Tomiño recibirá 442.000 euros para mellorar a mobilidade peonil e ciclable entre os equipamentos na rúa República Arxentina, un dos principais viarios de acceso ao centro do concello. A presidenta provincial destacou que “gracias aos recursos da Deputación de Pontevedra Tomiño está podendo facer fronte a un gran proxecto de mobilidade amable posto a raíz da humanización da Praza do Seixo o concello está conseguindo que todos os viarios municipais do entorno sexan para os peóns e peoas”. Ademais, Oia adquirirá terreos para contar cun novo aparcamento no entorno da baixada ao mosteiro de Santa María de Oia cunha achega de 72.500 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.