Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Viernes, 09 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis de mil cans participan nas competicións de beleza na Feira Internacional de Galicia ABANCA

EN TOTAL SERÁN SEIS OS CONCURSOS NACIONAIS E INTERNACIONAIS QUE SE CELEBRARÁN NO RECINTO FEIRAL, NUNHA CITA ORGANIZADA POLA SOCIEDADE CANINA GALEGA

Máis de mil cans de cerca de 150 razas participarán esta fin de semana nas seis competicións de beleza caninas que terán lugar na  Feira Internacional de Galicia ABANCA.

 

Será nunha gran cita co mundo do can organizada pola  Sociedade Canina  Galega, a cal conseguiu un gran éxito de participación ao superar considerablemente as cifras do ano pasado, cando se reuniron no recinto 700 exemplares en competición.

 

En todas as probas xulgarase a morfoloxía, movementos e carácter dos cans, os cales proceden de distintos puntos de España, Portugal, China e Estados Unidos. En canto aos exemplares destes dous últimos países, trátase de cans que están a facer campaña en España con participación en distintos concursos do país e que son presentados por handlers españois, mentres que no caso de España e Portugal, preséntanos os seus propietarios ou handlers españois.

 

O sábado 10 de xullo levarase a cabo a 95ª Exposición Nacional Canina  Feira Internacional de Galicia ABANCA, mentres que o día 11 terá lugar a 96ª edición de este mesmo concurso e tamén a 42ª Exposición Internacional Canina  Feira Internacional de Galicia ABANCA. Estas tres competicións, que celebraron as súas anteriores edicións no recinto o pasado mes de setembro, serán de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos. O seu obxectivo é buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación  Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores exemplares para a cría.

 

Nestes concursos premiarase ao mellor can de cada raza en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven” e “Adulto”, os cales irán á final de grupo. Hai once grupos dos que sairán outros tantos gañadores, un por grupo. Entre estes once gañadores elixiranse os mellores do concurso, o  Best  in Show en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Veterano” e “Razas Españolas”. O campión absoluto será o  Best  in Show de Adultos.

 

Monográficos

A estas importantes probas uniranse nesta ocasión tres monográficos con categoría nacional, os cales se celebrarán o día 10 de xullo.  Serán a IV  Xuntanza do  Mastín do  Pirineo, organizada polo Club del  Mastín del Pirineo de España (CMPE), a IV Monográfica  B de Galicia do Teckel Club de España e o Concurso Monográfico do  Bulldog Francés. En canto a esta última raza, os exemplares que participen o domingo na Exposición Internacional Canina  Feira Internacional de Galicia ABANCA poderán puntuar para a Clasificación da Asociación Española para el Fomento de la Raza  Bulldog Francés,  AEFRBF´21

 

Cerca de 150 razas

Nos concursos poderán verse unha gran diversidade de exemplares, xa que serán cerca de 150 razas distintas, superando tamén as 118 que concorreron na pasada edición desta cita da  Sociedade Canina  Galega.

 

Unha vez máis haberá razas habituais, pero tamén outras descoñecidas chamarán a atención do público asistente e mesmo de moitos dos participantes. Algunhas delas serán  Braco de  Wiema de Pelo Curto,  Husky  Siberiano,  Golden  Retriever, Labrador  Retrieves,  Samoyedo, Can de Augas Español, Can Lobo  Checoslovaco,   Saluki,   Alaskan   Malamute,   Bullmstiff,  Pastor   Garafiano, Can  Chinés   Crestado,   Shih   Tzu ou  Russkiy   Toy, atopándose entre as máis minoritarias algunhas como  Komondor,   Welsh  Corgi  Pembroke,  Thai  Ridgeback  Dog ou  Laika de  Yakutia.

 

Para a avaliación destes exemplares estarán presentes un total de doce xuíces especializados de España e Portugal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.