SALVATERRA DE MIÑO
Lazoiro lamenta o derrabumento de casas antigas situadas no recinto amurallado
Estudos oficiais recomendaban a súa restauración
O patrimonio cultural caracterizase por ser unha ferramenta de unión entre individuos, que ademais os relaciona e aproxima ao espazo que os rodea.
Falar de patrimonio non só é falar de ruínas de pedra carentes de significado, senón dos piares que forman a base da nosa historia e do que somos hoxe, permitíndonos reconstruír o pasado para deste xeito entender o presente.
Debe ser obriga de todos os organismos, dende gobernamentais ata asociativos, a protección, o coidado e a rehabilitación do patrimonio en todo o seu espectro, tanto material como inmaterial. Unha rehabilitación que non pode pasar por destrución, privando tanto á nosa xeración como aos nosos devanceiros do coñecemento e do vinculo coas nosas raíces.
Dende a asociación Lazoiro, lamentamos a destrución das casas antigas situadas na recinto amurallado de Salvaterra de Miño. O que comezou como un abandono sistemático e falta de coidados, rematou na completa eliminación dun elemento que destacaba, xa non pola súa antigüidade, senón pola trama urbana que aportaba ao entorno.
A desaparición deste elemento patrimonial non só supón unha perda de valor para as murallas senón que deixa unha explanada baleira e carente de toda referencia ou lembranza da actividade e vivencias acontecidas no recinto amurallado.
Ainda que por desgraza esta perda sexa irrecuperabel e o dano irreversible, dende Lazoiro facemos un chamamento en prol da concienciación, tanto a nivel social como gobernamental, de cara a evitar futuras agresións ao noso patrimonio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217