A GUARDA
O BNG responsabiliza ao goberno socialista do retraso no proxecto de acceso ao Porto
Anxo Baz: “ A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o Alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio”
O proxecto de acceso sur ao Porto da Guarda elaborado no 2018 pola área de mobilidade da Deputación de Pontevedra plantexa dúas alternativas posibeis para a realización desta infraestructura.
Das dúas opcións que contempla o proxecto, o Concello da Guarda escolleu a opción 2. O deseño elixido polo goberno guardés entre outros inconvenientes que presenta, costa 400.000 € máis que o outro.
O informe preceptivo elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio alerta de que o trazado que defende o goberno guardés ten un forte impacto en elementos patrimoniais e paisaxísticos e como consecuencia infórmano negativamente. Ao mesmo tempo recomendan optar polo outro trazado no que unha parte xa está feita.
"Sorprendentemente o Goberno Guardés non atende deste requerimento e sigue na teima de defender un trazado máis caro, con un maior impacto visual e que ademais se atopa con informes desfavorabeis de Patrimonio" explican.
O portavoz Municipal do BNG, Anxo Baz declara “ A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o Alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio. Con estes movementos o único que se consigue e dilatar a súa execución por tempo indefinido. A estas alturas o goberno guardés tería que ter o proxecto rematado na man e deberíase estar preocupando por abrir todas as portas que fixera falta para conseguir a financiación necesaria para executar o proxecto. Eso é o que realmente lle interesa ao pobo da Guarda”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149