Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 08 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Marta Fernández-Tapias amosa a súa sorpresa polo descoñecemento da presidenta da Deputación sobre o Camiño pola Costa

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, amosou hoxe a súa sorpresa polo grado de descoñecemento da presidenta da Deputación de Pontevedra e primeira tenente de alcalde de Vigo, Carmela Silva, sobre as actuacións que se están levando a cabo nos concellos que, segundo reflexa na misiva, manifestan queixas sobre o “problema” do Camiño portugués pola costa.

Neste sentido, a representante autonómica sinalou que os alcaldes están perfectamente informados das actuacións e investimentos que se están a levar a cabo nos seus respectivos concellos, tanto de adecuación, como de mantemento e conservación da ruta xacobea,  dos albergues e en materia de seguridade. “Fala dunhas queixas das que dende logo nos non temos coñecemento”, aclarou.

Non menos chamativo resulta en opinión de Fernández-Tapias que sexa ela quen se queixe da falta de sinalización do Camiño, pois recorda que ademais de presidenta da Diputación é a número dous do goberno da única cidade de Europa que non conta coa sinalectica oficial por “un mero capricho do seu alcalde”.

Recorda así que, ante a “Xacobeofobia” de Caballero, os hostaleiros e comerciantes da cidade asumiron como propia a responsabilidade de sinalizar eles mesmos os seus establecementos ao paso do Camiño pola cidade. “Hai que ter pouca vergoña para facer esta reclamación”, entende quen considera que “hoxe a presidenta provincial quedou retratada”.

Xa por último, a delegada cifrou en máis de 7 millóns de euros os investimentos no Camiño Portugués e o da Costa, destacando a apertura do primeiro albergue da rede pública no itinerario que transcorre por Vigo. O albergue de peregrinos Juan Manuel López-Chaves, aberto recentemente no Berbés.

En canto á falta de coordinación con Portugal a que fixo referencia tamén Carmela Silva na súa misiva, Fernández-Tapias volveu a insistir no descoñecemento absoluto da presidenta da Deputación, para lembrar o compromiso expresado polo presidente da República de Portugal de que acudirá a Santiago este ano.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.