Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 10 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

SÉS actuará en Mos nas Festas do Patrón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do equipo de goberno local mosense e representantes da Comunidade de Montes, do Centro Cultural e da Comisión de festas de San Mamede presentaron esta semana a programación cultural das festas do patron que terán lugar os días 6 e 7 de agosto.


Os actos comezarán o venres 6 de agosto a partir das 20:00 horas nos exteriores do Centro Dotacional de Torroso, co concerto “Amantes da Terra” de Andrea Pousa. Os teloneiros emcargados de darlle paso a Andrea Pousa serán os integrantes locais do grupo de gaitas RUADA de Torroso.


O sábado 7 de agosto, chegará o festivo local e con el a celebración do día grande, no que os mosenses poderán disfrutar dunha gran tradición, a das Bandas de Musica. Será a Banda de Musica Xuvenil de Torroso a encargada de amenizar o mediodía; xa pola noite, ás 20:00 h, actuará a Banda de Musica de Ribadumia, que fará a súa actuación a través do progarma “O País das Bandas” posto en marcha pola Xunta de Galicia.


Continuando coa programación, o mesmo sábado 7 ás 21:00 h chegará o Concerto de SÉS subencionado na sua totalidade pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través dos Fondos de Proxectos Culturais Xacobeo 21.


Sobre este concerto a redexora local mosense declarou que “estou segura de que será maravilloso, será de seguro todo un éxito xa que SES representa a esa música que tanto lle gusta á xente nova; ademais nun entorno tan ideal coma esa zoa exterior do Centro Dotacional de Torroso, a posta en escea será inesquecible”.


Pola súa parte, a Concelleira de Cultura, Sara  Cebreiro manifestou que “dende o Concello de Mos configuramos unha programación que ten como obxectivo base o fomento da cultura,  ensalzar un día sinalado e importante do calendario da nosa localidade, e por suposto ofrecer alternativas de ocio e disfrute a todos os públicos e sin ter que sair de Mos”.


Tal como indican desde a administración local,  poñendo en marcha esta programación  despois de un duro ano de pandemia que afectou tremendamente á cultura, salientase a riqueza cultural de un pobo e ao mesmo tempo festéxanse estes días tan importantes para Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.