GALICIA
A Xunta emendou en 2020 un total de 93 puntos de vertido nas rías galegas
Na Comisión 2ª do Parlamento, a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, concretou que o pasado ano se suprimiron 61 vertidos prioritarios é dicir, contaminantes e en investigación
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, salientou na Comisión 2ª do Parlamento que a Xunta emendou o ano pasado un total de 93 puntos de vertido nas rías galegas, supoñendo unha considerable redución do número de focos contaminantes ao mar.
Teresa Gutiérrez detallou estes datos catalogados polo persoal do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, que sinalan que os puntos clasificados como contaminantes diminuíron no ano 2020, pois representaban só o 16 % fronte ao 40 % do ano 2010.
Neste sentido, a directora tamén concretou que no exercicio pasado se eliminaron 61 vertidos considerados prioritarios, é dicir, contaminantes e en investigación.
Destacou que a implantación en 2009 do Plan de Control de Vertidos supuxo a consolidación dunha ferramenta para a detección e a emenda efectiva de puntos de vertedura, optimizando as funcións de inspección e control das verteduras ao dominio público hidráulico e desde terra ao litoral.
Teresa Gutiérrez detalla que os puntos clasificados como contaminantes diminuíron en 2020, representando só o 16 % dos identificados, fronte ao 40 % rexistrados no ano 2010
“O feito de realizar un esixente traballo de investigación e de control non quere dicir que os vertidos se incrementen, senón que significa que se coñecen”, remarcou.
Subliñou que froito deste traballo, entre o ano 2010 e o 2020, se recuperaron máis de 13,5 millóns de m² de superficie e as zonas de marisqueo catalogadas como C pasaron do 15,3% do total en 2009 a quedar no 10,0% na actualidade; mentres que as zonas A pasaron de representar o 3,1% do total en 2009 a supoñer hoxe o 13,8%.
O esforzo técnico e económico da Xunta nos últimos anos en materia de saneamento e depuración propiciou que desde 2009 se incrementase a poboación conectada a este servizo en case 1,5 millóns de habitantes, pasando de 1,8 millóns de habitantes equivalentes a máis de 3,3 na actualidade.
Tamén puxo o acento na mellora da calidade da auga das rías, pois en 2009 o estado era bo no 67% delas e hoxe, segundo o Plan Hidrolóxico vixente, supera xa o 76% delas.
Avanzou que a Xunta continuará a traballar nesta liña, persistindo nas tarefas de inspección exhaustiva das redes fluviais e litoral da demarcación hidrográfica Galicia-Costa e na suma de esforzos e colaboración cos concellos.
Lembrou que todas as administracións son responsables de garantir a compatibilidade da actividade humana coa sostibilidade ambiental. Así, puntualizou que os servizos de saneamento e depuración das aglomeracións urbanas son competencia dos Concellos, aínda que poden contar coa colaboración doutras administracións, como vén facendo a Xunta.
Fondos Next Generation
Por outra parte, a directora precisou que para seguir avanzando na preservación do litoral e dos recursos hídricos en Galicia, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiulle ao Goberno de España proxectos de 9 ámbitos do citado eido para ser financiados con Fondos Next Generation.
Os ámbitos nos que se presentaron actuacións son os relativos ao aumento da resiliencia fronte ao risco de inundación, á conservación de ecosistemas fluviais, á mellora de eficiencia enerxética en infraestruturas de saneamento e abastecemento ou á renovación e ampliación destas instalacións hidráulicas.
“O feito de realizar un esixente traballo de investigación e de control non quere dicir que os vertidos se incrementen, significa que se coñecen”, sinala, poñendo en valor o Plan de Control de Vertidos como ferramenta para detectar e emendar puntos de vertedura ao dominio público hidráulico e da terra ao mar
Non obstante, a directora lamentou que a pesar de que a Xunta vén reiterando un reparto dos fondos acorde á dispersión da poboación e a outras peculiaridades de Galicia, o Ministerio para a Transición Ecolóxica reserva para a comunidade só 2,5 M€ en materia de saneamento para unha única actuación que cumpre os requisitos que marcan, a depuradora de Monterroso.
Tamén manifestou a súa inquedanza en canto aos fondos previstos polo Ministerio para actuacións de abastecemento, posto que dos 100 millóns de euros previstos, a Galicia só lle corresponderían 6,8 M€.
Ademais engadiu que a Consellería de Medio Ambiente tamén presentou 10 proxectos para optar a estes fondos europeos, centrados na conservación de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade. Fixo fincapé no ‘Proxecto Mil Ríos’ dentro destas actuacións presentadas, co obxectivo de acadar a restauración de máis de 300 quilómetros de ríos galegos e a mellora das poboacións de peixes nos ecosistemas fluviais.
Porén, apuntou que a Xunta unicamente vai recibir o 2,2% dos fondos previstos no eido da conservación e a biodiversidade, pese a ter presentado proxectos por importe de máis de 300 millóns no seu conxunto, dos cales 122 millóns se corresponden a proxectos da Consellería de Medio Ambiente presentados neste ámbito.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22