SALVATERRA DE MIÑO
Podemos Salvaterra de Miño condena os insultos homófobos no inmobiliario
A portavoz Estrela Antas Carrera insta ao Goberno local a posicionarse a favor do dereitos LGTBI e en contra da LGTBIfobia
Podemos Salvaterra de Miño condenou este pasado xoves un novo episodio de homofobia en Galicia, concretamente, uns insultos pintados na praza do Concello e nun banco coas cores da bandeira do Orgullo inaugurado o pasado 23 de xuño.
A portavoz Estrela Antas Carrera, condenou este suceso e considerouno “inadmisible”. “Non podemos consentir estes actos de odio no noso país e estes ataques continuos ao colectivo LGTBI. Estamos a ver ao longo das últimas semanas unha serie de acontecementos gravísimos que atentan directamente contra os dereitos do colectivo, temos que combater a homofobia”, subliña Antas.
Estrela Antas Carrera: “É moi preocupante que un banco coas cores da bandeira do Orgullo xere tanto rexeitamento. Non podemos consentir estes actos de odio no noso país e estes ataques continuos ao colectivo LGTBI”
“É moi preocupante que un banco coas cores da bandeira do Orgullo xere tanto rexeitamento”, sinala a portavoz. Ademais, instou ao Goberno local a posicionarse a favor do dereitos LGTBI e en contra da LGTBIfobia, xa que este último acontecemento en Salvaterra de Miño pon en evidencia o necesario compromiso por parte das institucións e aínda máis nun contexto tan sensible tralo asasinato de Samuel na Coruña.
Podemos recorda que o luns en localidades de toda Galicia se fixeron concentracións en repulsa do asasinato de Samuel, pero non en Salvaterra. "Alegrámonos de que esta vez o Concello si saíse a condenar este acto de vandalismo e odio, mais pedimos solidariedade e contundencia ante todas as violencias contra o colectivo LGTBI así como políticas que promovan a educación na diversidade e combatan a intolerancia".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217