Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Martes, 13 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Xunta impulsa a renovación das cubertas do IES A Sangriña da Guarda

O delegado territorial, Luis López, anuncia a adxudicación dos traballos, que se desenvolverán durante este verán e incluirán a renovación de 4.500 m2 dos teitos do instituto

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai impulsar a renovación das cubertas do IES A Sangriña, no Concello da Guarda, para mellorar a confortabilidade, a eficiencia enerxética e a seguridade do centro educativo cun investimento de 302.000 euros.


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anunciou a adxudicación dos traballos nunha visita realizada a semana pasada ao instituto xunto ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, o xefe territorial de Educación, César Pérez, e representantes do centro.


"Dende a Xunta estamos a realizar un importante esforzo para mellorar os centros e adaptalos á nova realidade educativa, que vén marcada pola crise sanitaria pero tamén pola nosa intención de situar a colexios e institutos á vangarda como espazos educativos multifuncionais, versátiles, ventilados, luminosos, eficientes e confortables", explicou o representante autonómico, que lembrou que a consellería vai destinar esta lexislatura 191 millóns de euros á modernización dos centros ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

 

 

 

 

A obra inclúe a dotación dun illamento térmico entre os novos paneis das cubertas para acadar unha maior eficiencia enerxética e a renovación dos canalóns e as baixantes das escorrentías

 

 

 


A actuación programada no IES A Sangriña, que ten dous meses de prazo de execución e se realizará durante este verán, contempla a renovación das cubertas dos seus cinco edificios -catro educativos e un deportivo- chegando a unha superficie de 4.552 m2.


A obra, que comezará nos vindeiros días, inclúe a retirada do actual teito de tella e a instalación dunha nova cuberta de panel dobre de chapa de aceiro galvanizado con acabado exterior, lacados interiores e exteriores e un recheo intermedio de illamento.


Así mesmo, vaise colocar unha protección térmica sobre o forxado do baixo cuberta con panel de lá de roca de dobre densidade e a actuación completarase coa dotación de novos canalóns e baixantes que redireccionarán as escorrentías para minimizar as afeccións ao instituto.


"Cremos que a obra é necesaria nun inmoble que ten 36 anos de antigüidade, xa que incrementará a confortabilidade interior, redundará na eficiencia enerxética e reforzará as condicións de seguridade", concluíu o delegado territorial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.