NIGRAN
Nigrán acolle a fase previa do Campionato de España de Petanca de Tripletas
A competición terá lugar o sábado e domingo en categorías senior masculino e feminino (primeira e segunda) e xuvenil
O Concello de Nigrán acolle esta fin de semana a fase previa do campionato de España de Tripletas en Porto do Molle con preto de 250 deportistas de toda Galicia divididos en 65 equipos de categorías senior feminina e masculina (primeira e segunda) e xuvenil. O C.C.D.Bolos da Carrasca, de Nigrán, é a única entidade clasificada da comarca con tripletas senior masculino e feminino.
Para esta cita, o Concello de Nigrán habilitou 40 canchas en terreos ao carón do Edificio Tecnolóxico e a competición desenvolverase simultáneamente durante todo o sábado e domingo desde as 9:30 ás 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Disporase de cantina con refrixerio e tapeo.
O Concello habilitou en espazo no parque empresarial con 40 canchas nas que se xogará simultáneamente e que será tamén o escenario en setembro da final
Mediante esta fase previa en Galicia clasificaranse para a fase final do Campionato de España de Tripletas o 10 e 11 de setembro tamén en Porto do Molle unha praza de feminina senior primeira, tres de masculino senior primeira, tres de masculino senior segunda e unha de xuvenil.
“Nigrán, grazas a Bolos da Carrasca, é unha localidade recoñecida en toda España pola práctica da petanca. Esta cita para nos é tamén un ensaio xeral para o campionato final que acollemos en setembro, cando nos visitarán equipos de España, Francia ou Suíza”, explica o alcalde, Juan González.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149