SALVATERRA DE MIÑO
Salvaterra de Miño primeiro concello en obter a autorización de aproveitamento lúdico da auga
Xustamente a semana a seguir da entrada en vigor da LEI 8/2019 do 23 de decembro de regulación de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, O Concello de Salvaterra de Miño comezaba cos trámites oportunos para acadar a autorización de aproveitamento lúdico; un traballo que xa se tiña avanzado bastante e que permitiu que Salvaterra de Miño sexa a día de hoxe o primeiro e único Concello que ten autorización de aproveitamento lúdico do seu Espazo Termal de Teans- Oleiros. A solicitude de autorización foi acompañada dun proxecto xeral de aproveitamento e do estudo xustificativo do perímetro de protección.
Foi a comezos do ano 2019 cando Salvaterra inauguraba o seu Espazo Termal logrando atraer a moitos visitantes da provincia e norte de Portugal, contabilizando una media de 200 usuari@s ao día. Por una banda polo privilexiado da súa ubicación e por outra polas características das propias augas, que conteñen un amplo abano de propiedades e que xa dispuñan da Declaración de Augas Termais e Mineromedicinais pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, condición previa para a tramitación do aproveitamento lúdico das augas.
Por mor da COVID 19 e das obras de mellora do recinto, o Espazo Termal foi pechado temporalmente en marzo do ano 2020, coa previsión de remate das mesmas e da nova apertura a finais deste ano 2021, sempre que a situación sanitaria o permita. Estas instalacións contan entre o espazo termal e a zona recreativa, con máis de 17.000m2, para que as persoas que se acheguen poidan relaxarse e gozar das augas termais e dun lugar tan acolledor como tranquilo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217