Galicia
Campos de voluntariado para que a mocidade poña “o seu gran de area para mellorar o planeta”
A conselleira de Política Social, Fabiola García, subliñou esta semana que os campos de voluntariado permiten a toda a mocidade “poñer o seu gran de area para mellorar o planeta no que vivimos”. O venres achegouse á Praia da Corna, en Ribeira, para coñecer os participantes do campo de voluntariado que a asociación Amicos desenvolve no Barbanza no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Fabiola García destacou que con esta iniciativa os participantes, entre os que se atopan persoas con discapacidade, conciéncianse do valor do patrimonio natural de Galicia, e contribúen a protexelo ao tempo que comparten unha experiencia coa que gañan autonomía.
A decena de mozas e mozos de entre 18 e 30 anos que están a desfrutar deste campo de voluntariado realizan tarefas de conservación e limpeza en diferentes localizacións. Ademais da Praia da Corna, tamén levaron a cabo actividades destinadas á conservación do medio ambiente no Parque Natural de Corrubedo, en Carril e nas Illas de Sálvora e Ons.
A conselleira de Política social salientou que a mocidade galega “merece un verán no que desfrutar de Galicia”. Por iso, a Xunta de Galicia puxo en marcha unha campaña de verán con actividades de ocio seguro e responsable con todas as garantías de seguridade. Ofertáronse máis de 7.800 prazas entre campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado para impulsar valores como a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22