Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 16 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación revalida o seu “rotundo compromiso” coa igualdade nos Rías Baixas Fest

Mulleres e homes da cultura protagonizan un impactante audiovisual contra o acoso e as agresións sexuais que se proxectará nos festivais. “Só si é si”

A Deputación volve revalidar o seu “claro compromiso coa igualdade e da sostibilidade” nos Rías Baixas Fest co desenvolvemento de dúas novas campañas para concienciar sobre a loita contra as violencias machistas e o coidado medioambiental, que chegarán ás sete citas dos festivais que enchen a provincia de música, festa e gastronomía. Como destacou a presidenta Carmela Silva, son campañas “adaptadas a un novo formato” debido á situación que marca a pandemia e centradas nas novas tecnoloxías na tarefa de “concienciar, formar e denunciar”.

 

No caso da campaña para previr e actuar contra as agresións sexuais, retoma os lemas “Lembra, eu decido, ti respectas”, dirixido ás mozas, e “Conta comigo, eu respéctote”, dirixido aos mozos. A súa acción central será un audiovisual no que participan mulleres e homes de diferentes ámbitos como a música, o cinema ou mesmo o xornalismo, e que se proxectará nas sete citas dos festivais, amais de ser difundida a través das redes sociais da institución e destes eventos. Así mesmo, levarase tamén aos Rías Baixas Film Fest. “Seguimos querendo sensibilizar –dixo Carmela Silva-, concienciar, informar e formar á mocidade e pór de manifesto que a violencia sexual é algo contra o que temos que loitar. É un audiovisual corto e impactante porque queremos que quede clara a mensaxe, só si é si e o consentimento é unha cuestión é unha cuestión que deciden as mulleres, e o fan exclusivamente cando din si”.

 

Nesta edición, como destacou a presidenta, a idea da campaña “é poñer o foco nos homes, a través dun posicionamento claro e rotundo de referentes masculinos a través de mensaxes curtas e claras que expresan rexeitamento ao machismo e apoio incondicional ás mulleres que sofren violencia sexual”. Estas mensaxes son “Conta comigo; eu Respéctote; eu o teño claro, só si é si; eu posiciónome; estou contigo…” e vense reforzadas no audiovisual coa intervención das mulleres referentes dos mesmos ámbitos que trasladarán a outra mensaxe: “Lembra/ eu decido/ ti respectas”. No audiovisual participan Lidia Veiga (actriz); Camila Bossa (actriz e ilustradora); Sabela Arán (actriz); Marta Lado (actriz): Susana Pedreira (xornalista); Yara Juncal (bailarina); Guadi Galego (música); Uxía Senlle (música); Woyza (música) e Ugía Negreira (música), así como Monti Castiñeiras (actor); Xulio Abonjo (actor); Luis Zahera (actor); Morris (actor); Xavier Fortes (xornalista);Kevin Juncal (bailarín); Xacobe Antelo (músico de Sumra) e Javier Abreu (produtor musical).

 

A presidenta lembrou que se seguirá poñendo o foco en tres ideas indispensables: O silencio non é un si; se a outra persoa está bébeda ou inconsciente, non hai consentimento e a outra persoa ten dereito a parar en calquera momento, “todo elo focalizando a culpabilidade no agresor, nunca na vítima”. Con respecto aos homes, dixo, “a mensaxe céntrase en facelos partícipes directos nesta loita, así como en conciencialos sobre a importancia de entender o consentimento e rachar co ideario que se nos transmite a través da cultura da violación”.

 

A campaña desenvolverase hoxe mesmo e mañá sábado no Vive Nigrán, coa proxección do audiovisual na pantalla do escenario do festival, como sucederá tamén no Festival Revenidas (do 10 ao 12 de setembro). Noutras citas como o Atlantic Fest (na xornada de mañá sábado), o Sonrías Baixas (na xornada do 6 de agosto), O Marisquiño (8 de agosto) e o PortAmérica, a Deputación instalará unha traseira de madeira na que se colocará unha pantalla Led para exhibir a peza e se amosarán os círculos de promoción da campaña. Tamén ao Sinsal levará unha pantalla para proxectalo (23 de xullo). Doutra banda, haberá tamén un QR que leve ao contido da campaña na web depo.gal.

 

No que atinxe á campaña para promover a sostibilidade, este ano tamén se adaptará á situación e irá en consonancia á campaña de turismo que está a desenvolver a Deputación, “É o teu momento”. “Queremos que as e os asistentes aos festivais vivan un momento Rías Baixas, un momento peculiar, nun sistema de transporte moi ecolóxico, como é un globo, desde o que se ve unha paisaxe única que debemos protexer e preservar para que siga sendo o paraíso no que vivimos”. Instalarase un photocall consistente nunha cesta e a imaxe do globo, trala que se verá unha paisaxe da provincia, na que as persoas poderán fotografiarse. “A idea é difundir a través das redes sociais e os selfies que se farán as persoas asistentes aos festivais, o importante patrimonio paisaxístico que ten a provincia”. O globo estará presente esta tarde no Vive Nigrán; mañá sábado 17 , no Atlantic Fest; o día 23 de xullo no Sinsal; o 6 de agosto en Sonrías Baixas e o 11 de setembro no Festival Revenidas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.