Provincia de Pontevedra
A Deputación lanza dos novos workshops para o sector turístico
Participarán 25 empresas entre aloxamentos, axencias e empresas de oferta complementaria. Carmela Silva: “Estamos no pistoletazo de saída para a reactivación do turismo na provincia”
A Deputación de Pontevedra vai celebrar dous novos Workshops para difundir o destino provincia e fomentar a comercialización turística a través destes encontros e reunións nos que participarán profesionais de empresas turísticas da provincia e representantes das entidades emisoras. Como destacou a presidenta Carmela Silva, estas actividades, que terán lugar o 20 de outubro en Valencia e o 21 en Madrid, enmárcanse no actual “pistoletazo de saída para a reactivación do turismo na provincia” e están organizadas en colaboración co sector a través do Clúster “con criterios consensuados na selección das empresas”.
A presidenta lembrou que esta estratexia da institución provincial para o reforzo da colaboración público-privada co obxectivo de ser un destino competitivo iniciouse no ano 2018 en Barcelona e retómase agora ao poder desenvolver a actividade presencial. E a elección de Valencia e Madrid responde, segundo indicou, a que son “dúas localizacións prioritarias para a captación de visitantes, debido ao grande interese que presenta para as persoas residentes nesas comunidades a nosa gastronomía, a nosa oferta cultural e a paisaxe vinculada a un clima suave”. Lembrou tamén que a realización dos Workshops está integrada no Plan Estratéxico Provincial de Turismo 2021-2023 que recolle expresamente a realización de workshops e obradoiros como mercado obxectivo para o destino. “Isto nos vai permitir reactivar a actividade normal trala pandemia –subliñou- porque temos que volver a posicionarnos nos mercados emisores. Son medidas de fomento da competitividade do noso destino e imos optar por destinos con conexións directas ao aeroporto desta provincia. Polo tanto, buscamos reactivar ese turismo de proximidade nacional”
Nestes dous workshops contarase coa participación de 25 empresas da provincia como “representantes de toda a cadea de valor”, das que o 50% aloxamentos, 25% axencias receptivas e o restante 25% oferta complementaria (enoturismo, gastronomía, turismo activo) O encontro terá lugar maioritariamente con touroperadores e empresas emisoras especializadas na comercialización dos recursos e de Rías Baixas como destino turístico.
Ademais tamén participará neste networking o Castelo de Soutomaior na súa labor de comercialización a nivel nacional. “Cremos que este castelo e o de Sobroso son dous elementos patrimoniais cunha enorme capacidade de atracción turística –engadiu a presidenta provincial-. Polo tanto, con esta acción búscase amais presentar novos produtos asociados á desestacionalización así como amosar a fortaleza dun sector preparado para as medidas de seguridade e prevención que aínda se requiren a día de hoxe”.
As empresas disporán de prazo ata o 28 de xullo para inscribirse e poderán facelo na web www.workshopsriasbaixas.com. Como criterios xerais para a selección, amais da orde cronolóxica de solicitude, deberán dispoñer de distintivos de calidade. Amais, no caso dos aloxamentos, valorarase tamén a pertenza a municipios de interese turístico; a categoría do establecemento no caso dos hoteis; a non concentración de participantes en determinados municipios e se valorará representar a varios hoteis. No caso das empresas de oferta complementaria, tamén se premiará a diversidade na tipoloxía de actividades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163