LIBROS
En plena noite
Pode unha noite marcar o destino de todos os que a viviron? Pasaron máis de vinte anos desde que Diego Letamendia, estrela do rock en declive, actuou por última vez no seu pobo natal, Illumbe. Esa foi a noite do final da súa banda e o seu grupo de amigos, e tamén a da desaparición de Lorea, a súa noiva. A policía nunca logrou esclarecer o ocorrido coa moza, que foi vista saíndo a fume de carozo da sala de concertos, coma se fuxise de algo ou de alguén. Despois daquilo, Diego emprendeu unha carreira de éxitos en solitario e xamais regresou ao pobo.
Cando un dos membros da banda morre nun estraño incendio, Diego decide volver a Illumbe. Pasaron moitos anos e o reencontro cos antigos amigos é difícil: ningún deles segue sendo a persoa que foi. Mentres, crece a sospeita de que o incendio non foi accidental. É posible que todo estea relacionado e que, tanto tempo despois, Diego poida atopar novas pistas sobre o que pasou con Lorea?
Mikel Santiago volve ambientar no pobo imaxinario do País Vasco, onde xa transcorría a súa anterior novela, O mentireiro, esta historia marcada por un pasado que podería ter terribles consecuencias no presente. Este thriller maxistral envólvenos na nostalxia dos anos noventa á vez que imos desenredando o misterio daquela noite que todos loitan por esquecer.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149