Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Domingo, 25 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación constata coa análise “big data” a boa reputación dixital do destino Rías Baixas

Carmela Silva: “Estamos consolidados como destino multiexperiencial, con valores naturais e de aventura recoñecidos, e debemos aproveitar ese alto potencial desestacionalizador”

[Img #70464]O destino Rías Baixas – Pontevedra Provincia conta cunha valoración moi positiva entre as e os internautas. A análise big data que está a facer a Deputación de Pontevedra para coñecer a percepción das usuarias e os usuarios das redes sociais e doutras plataformas dixitais constata unha óptima reputación do destino turístico. O informe bimensual de maio e xuño realizado pola firma líder Brandwatch, baseado en 282.275 mencións de máis de 80.000 autores e  autoras con medio millón de impactos, reflicte un sentimento positivo de ata o 44% na conversa, mentres que a notoriedade da marca Rías Baixas experimenta un crecemento do 14% respecto ao bimestre anterior. A cultura e a oferta de turismo activo da provincia espertan un alto grao de interese entre as comunidades das redes.

 

“A Deputación é unha grande referencia na dixitalización e estes datos permítennos tomar decisións na promoción e desenvolvemento de produtos turísticos”, destacou a presidenta Carmela Silva. A máxima responsable da institución subliña que “Rías Baixas está consolidado como destino multiexperiencial, con valores recoñecidos como a riqueza paisaxística, as actividades de natureza e aventura, e a sustentabilidade”, o que supón “unha oportunidade de desestacionalización turística que é preciso aproveitar”.

 

A conversa positiva alcanzou o 32% en maio e o 44% en xuño, mentres que a negativa apenas chegou ao 3%. A presentación da campaña “É o teu momento” en Fitur 2021, as praias con bandeira azul ou a normativa de areais sen fume son os contidos de maior difusión. “Hai accións que xeran notoriedade e prestixio como os galardóns das campañas turísticas, as bandeiras azuis e a eliminación do tabaco nestes espazos, ou as accións de mobilidade amable”, explicou a presidenta, que salienta que “as administracións locais están a liderar o posicionamento de Rías Baixas – Pontevedra Provincia como un destino de excelencia”.

 

 

 

 

A notoriedade da marca medra un 14% entre maio e xuño

 

 

 

 

Outro dos aspectos que subliña o informe é o alto interese polos espectáculos e os eventos musicais, particularmente os Rías Baixas Fests. “O noso ecosistema musical é un elemento de atracción de persoas ao destino que debemos potenciar”, apunta a presidenta. A cultura é, xunto ao turismo activo, o recurso que xerou maior interese entre maio e xuño. No primeiro caso as mencións aumentaron o 188% mentres que na oferta de ocio e aventura a subida alcanzou o 572%.

 

Carmela Silva sinala que o destino “xera un sentimento positivo sen apenas impacto de noticias como a pandemia ou a masificación doutros lugares”, e chama a “preservar esta imaxe como elemento clave para a reactivación”.

 

Por outra banda, as iniciativas de responsabilidade social e de loita contra a contaminación reflicten un aumento do 250%, e constátase un alto sentimento positivo sobre o modelo de mobilidade amable do destino.  Outro dos factores que inciden na boa reputación e a notoriedade da marca foron os sorteos da campaña #MomentosRíasBaixas, nos que as usuarias e usuarios subían imaxes de instantes especiais vividos na provincia acompañadas de comentarios. Publicáronse máis de 3.000, e participaron activamente 10.000 internautas. A campaña obtivo máis de dous millóns de impactos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.