PROVINCIA
Tódolos concellos de menos de 20.000 habitantes piden axudas da Deputación para igualdade
A presidenta, Carmela Silva, destaca que o reparto íntegro dos 230.000 euros previstos demostra que os concellos “teñen cada día máis compromiso”
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde na súa última sesión á concesión de axudas para o fomento da igualdade e a prevención da violencia de xénero nos concellos de menos de 20.000 habitantes, que ascenden a 230.000 euros. A presidenta, Carmela Silva, amosou o seu orgullo porque a totalidade dos 51 municipios da provincia que entran neste rango de poboación teñan solicitado as subvencións, “o que significa que estamos a conquerir que os concellos teñan cada día máis compromiso co fomento da igualdade para as mulleres e coa loita contra as violencias machistas”.
Carmela Silva asegurou que estas axudas permitirán “poñer en marcha actuacións que teñen que ver cunha das nosas grandes prioridades: as políticas de igualdade”. Con elas poderán subvencionarse proxectos e actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia machista, iniciativas das mesas locais ou proxectos para a mellora da atención integral ás vítimas de violencia de xénero (fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo).
Tamén terán cabida programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade ou con singulares dificultades encamiñados á mellora da formación, emprendemento e a inserción laboral desas mulleres. Ademais, a través destas subvencións os concellos tamén poderán poñer en marcha a creación de redes e servizos de apoio que favorezan a corresponsabilidade e conciliación da vida persoal.
Estas axudas aprobadas en Xunta de Goberno son un exemplo máis do compromiso que a Deputación de Pontevedra mantén en materia de igualdade e súmanse ás subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social aprobadas xa pola Administración provincial co mesmo fin.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119