Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 09:23:12 horas

Xornal21.es
Martes, 27 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

As alcaldesas do Rosal e Tomiño apoian aos traballadores e traballadoras de IKF

Agradecen ao persoal que quixeran explicarlles os pormenores do conflito laboral e aseguraron que dende ambos concellos farase todo o posible para que a situación atope unha pronta solución

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a de Tomiño, Sandra González, reuníronse onte luns cos traballadores e traballadoras de Imerys Kiln Forniture (IKF), unha empresa histórica na comarca do Baixo Miño dedicada á fabricación de materiais refractarios. O persoal da compañía leva en folga indefinida dende hai case dúas semanas ao non chegar a un acordo coa empresa sobre a dobre escala salarial que se quere prolongar no tempo.


As rexedoras acudiron ata a sede da empresa para amosar o seu apoio a todos os veciños e veciñas que traballan nesta compañía, así como ás súas familias, xa que con arredor de 60 empregados IKF é unha das empresas máis importantes da comarca dende o punto económico e social.


Ánxela Fernández e Sandra González quixeron agradecer aos traballadores e traballadoras que quixeran informalas dos pormenores do conflito laboral e aseguraron ao persoal que tanto os concellos do Rosal como de Tomiño farán todo o posible para que a situación atope unha pronta solución.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.