VIGO
O Xacobeo 21-22 convértese no principal patrocinador do europeo de Snipe
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, subliña o compromiso do Executivo autonómico para que a cidade adquira cada vez máis protagonismo neste dobre Ano Santo baixo o paraugas do Xacobeo 21-22
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente do Real Club Náutico de Vigo, José Antonio Portela, formalizaron onte o convenio de colaboración que converte ao Xacobeo 21-22 no principal patrocinador do Europe de Snipe.
O Campionato do Sur de Europa é Open polo que o obxectivo é reunir ao maior número de participantes nunha cita que pretende honrar a creación da primeira frota do país, a formada en 1941 no club vigués. Polo de agora tense inscrito máis de 60 barcos, dos que 12 son clásicos, e obxectivo do náutico vigués tal e como destacou a delegada e chegar ao centenar de participantes.
A este respecto, Fernández-Tapias destacou a clara aposta do Executivo autonómico de que Vigo vaia adquirindo cada vez máis protagonismo neste dobre Ano Santo Xacobeo, co obxectivo de que chegue a todos e cada un dos recunchos da cidade e colectivos. “Descentralizar a programación para que todos e todas as viguesas poidan gozar dunha celebración que supón unha oportunidade e o principal revulsivo para a recuperación do turismo”, dixo. “Un Xacobeo participativo e unha garantía para que, pese a crise sanitaria, se manteñan as citas culturais, artísticas musicais e deportivas na nosa cidade”, agregou.
Un compromiso que ten reflexo nos moitos eventos que se teñen anunciado baixo a paraugas do Xacobeo 21-22 como é o caso deste Europe de Snipe, a Ruta do Cabaleiro das Cunchas, a Ruta Iacobus Maris que terá lugar o vindeiro ano, o Rally Rías Baixas que se celebrou este fin de semana ou o Festival do Marisquiño, detallou.
En todo caso, a delegada insistiu en que a Xunta segue a traballar para facer deste o mellor Ano Santo de todos os que se recordan cunha potente programación de cara ao 2022 na que Vigo xogará un papel fundamental.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149