Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 19:04:36 horas

Xornal21.es
Viernes, 30 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

A Catedral de Tui acolle en agosto a XV Edición de Música no Claustro

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participan na presentación deste festival que este ano se celebrará do 1 ao 7 de agosto

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta semana na presentación da XV edición de Música no Claustro, o festival de música, patrimonio e creación que se celebra do 1 ao 7 de agosto na Catedral de Tui e que incluirá unha nova edición do foro profesional de instrumentos musicais para divulgar os oficios artesanais, #Resonancias, co apoio da Xunta de Galicia.

 

Como expresou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, este festival é un “dos clásicos do verán galego” que este ano suporá, ademais, “reflexionar sobre un patrimonio único, nun momento de especial sensibilidade e no que é importante dar continuidade ás iniciativas culturais de éxito como esta e recuperar a confianza dos cidadáns para participar na cultura de xeito seguro”, expresou.

 

Neste sentido, salientou a importancia de que esta iniciativa sume á programación de concertos e propostas musicais este foro de debate que, como indicou, servirá para que artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión, así como outras empresas vinculadas ao sector, “afonden nos retos e necesidades dunha actividade moi vinculada aos oficios artesanais como é a construción de instrumentos que son elementos da nosa identidade cultural e tamén unha oportunidade de negocio”, indicou.

 

 

 

 

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade anima a participar nas propostas culturais durante o verán con seguridade e recorda que a Xunta impulsa máis de 3.000 actividades nestes meses

 

 

 

 

O foro conta por sexto ano consecutivo coa colaboración da Xunta de Galicia co obxectivo de achegar á sociedade a profesionalización e a divulgación dos oficios artesanais nun diálogo co tecido artístico. Neste sentido, a xerente de Artesanía de Galicia Elena Fabeiro sinalou a relevancia deste foro como espazo de intercambio de coñecemento e de creación de sinerxías no tecido artesán, e como plataforma de impulso da investigación e da innovación no eido dos instrumentos musicais.

 

Anxo M. Lorenzo animou tamén a participar tanto no foro como no resto de actividades de Música no Claustro, que se suman ás máis de 3.000 actividades culturais que este verán impulsa a Xunta de Galicia cun investimento de 9M€. “É fundamental apoiar a cultura e a mellor maneira de facelo é participando dela coas máximas garantías sanitarias”, expresou.

 

Percorridos nocturnos
A programación deste ano incluirá recitais de numerosos intérpretes de distintas partes do mundo e tamén percorridos nocturnos pola Catedral os días 4, 5 e 6 de agosto, realizando un percorrido artístico pola iconografía musical dos retablos barrocos do templo. Pola súa banda, o Foro Profesional de Instrumentos Musicais #Resonancias está dividido en catro bloques temáticos. No primeiro, Innovación desde a tradición, participan cinco obradoiros da marca Artesanía de Galicia: Xaneco (Outeiro de Rei), Pablo Sánchez Otero (A Coruña), Héctor Salgado de Morenita Percusións (Laza), Xosé Manuel Gil de Obradoiro de Gaitas Gil (Ponteareas) e Antón Corral (Tui), entre outros.

 

No bloque Iconografía musical e tecido artístico afondarase na relación entre artesáns e intérpretes coas intervencións, entre outros, dos historiadores Suso Vila e Sara Quintana, do luthier de Artesanía de Galicia Xermán Arias (Sarria), así como da investigadora Isabel Rei Sanmartín. O xoves 5 de agosto o bloque temático Os instrumentos musicais nos museos afondará nos retos de restauración, conservación preventiva e divulgación. Entre outros, estarán presentes o  artesán Régis Floury (Gondomar), o presidente do Gremio de Luthiers y Arqueros de España (GLAE), José Catoira, e o intérprete, investigador e director artístico de Música no Claustro, Samuel Diz.

 

O foro pecharase co bloque dedicado á Profesionalización e divulgación dos oficios artesáns, con Elena Fabeiro e os obradoiros de Artesanía de Galicia Obradoiro de Gaitas Seivane (Cambre) e Franfret Guitars (A Coruña), o obradoiro Guitarras Ramírez e os investigadores Belén Bermejo e Andrés Díaz.  Haberá un máximo de 30 participantes, previa inscrición na páxina web de Artesanía de Galicia. O prezo para o público xeral é de 50€ pero redúcese a 20€ para artesás do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.