Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Martes, 27 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Todo listo no Pazo de Liñares que acollerá o ciclo “Arqueoloxía en Pandemia”

Para celebrar o Día Internacional de Arqueoloxía, a Deputación tamén organiza estes dous días xornadas de portas abertas no Centro de Xestión Arqueolóxica

Con motivo do Día Internacional da Arqueoloxía, que se celebra cada ano o 28 de xullo, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Empresarial Galega de Arqueoloxía (AEGA) organizan “Arqueoloxía en Pandemia”, unhas xornadas que se desenvolverán este mércores e xoves no Pazo de Liñares (Lalín), e nas que participarán profesionais e persoas investigadoras de toda Galicia. Ademais, para todas as persoas que queiran coñecer de preto o Centro de Xestión Arqueolóxica que a Deputación ten en Liñares, levaranse a cabo durante estes dous días xornadas de portas abertas en horario de 10.00 a 13.00 horas.

 

 “Arqueoloxía en Pandemia” comezará este mércores coa charla, titulada "Chove sobre mollado. Unha PEME de arqueoloxía e xestión de patrimonio en pandemia", da man de Israel Picón, de Citania Arqueoloxía. Despois Yolanda Álvarez e Luis Francisco López, de Terra Arqueos, amosarán "Dous exemplos de actuacións arqueolóxicas de posta en valor en castros das Rías Baixas: Castrode Montealegre (Moaña) e Castro da Cidá (Ribeira)". A continuación Benito Vilas, de Árbore Arqueoloxía e restauración, centrarase na “Arqueoloxía en Lalín en tempos de pandemia".

 

Juan Manuel Galiña e Eduardo Breogán Nieto, de Breogán Arqueoloxía, falarán sobre o "Castelo da Piconha (Calvos de Randín, Ourense): a recuperación dun singular espazo interfronteirizo a través da arqueoloxía" e Purificación Soto versará sobre as "Actividades de mantemento arqueolóxico no concello de A Laracha (A Coruña): Castro de Montes Claros e pedrafita de Marco da Anta". Esta primeira xornada rematará coa actividade "Encontros ao aire libre: visita guiada ao Castro de Doade, Lalín”, que correrá a cargo da directora da escavación, Vanesa Trevín, de Cadro Arqueoloxía.

 

Na mañá do xoves, persoal de Tempos Arqueólogos amosarán como é a "Arqueoloxía en pandemia. Traballos arqueolóxicos no sector Sur do Castro e Mosteiro de Cálago, Vilanova de Arousa"; e despois María del Carmen Cabezudo, de Lesering, falará sobre o "Control arqueolóxico de segunda fase de restauración da igrexa de Santa baia de Palio, Cercio, Lalín". Cristina Seoane pechará este ciclo de charlas cunha ponencia sobre "Investigación en tempo de pandemia: o esqueuomorfismo como xeito de achegarse aos materiais arqueolóxicos". A xornada rematará cun obradoiro con materiais no Centro de Xestión Arqueolóxica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.