GALICIA
O valor da enogastronomía galega promocionao Destino Galicia en España
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participaron no acto de presentación da participación de “...e para comer, Lugo” na nova edición de La Vuelta Ciclista a España
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta semana na presentación de La Vuelta 21 Ciclista "... e para comer, Lugo”, a colaboración que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) volve facer coa proba ciclista nacional co obxectivo de que a enogastronomía galega, e especialmente da provincia de Lugo, viaxen e se promocionen durante as diferentes etapas de La Vuelta.
Deste xeito, un total de 20 produtos, denominacións de orixe e IXP galegas terán presenza na carpa de degustacións que estará montada na saída das etapas de La Vuelta, que se disputará entre o 14 de agosto e o 5 de setembro, data en que remata coa chegada á Praza do Obradoiro. O stand cos produtos que se van a promocionar en cada unha das etapas da volta incluirá degustacións co obxectivo de seguir achegando a riqueza enogastronómica galega por todo o territorio nacional.
A directora de Turismo de Galicia estivo acompañada no acto de presentación polo delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, polo presidente da APEHL, Cheché Real, e polo director de La Vuelta, Javier Guillén. Todos eles coincidiron en destacar a vinculación entre gastronomía e deporte e a importancia de poñer en valor a riqueza gastronómica galega como un dos recursos turísticos endóxenos máis importantes cos que conta Galicia.
Unha carpa de degustacións de produtos galegos de calidade estará presente na saída das diferentes etapas da proba
Na súa intervención, Nava Castro, aproveitou para lembrar o regreso desta proba a terras galegas nun ano tan especial coma o do Xacobeo, en que se disputarán as últimas tres etapas en terras galegas, que transcorrerán polos concellos de Monforte, Lugo e Sarria para continuar polas Rías Baixas desde Sanxenxo a Mos pasando por Pontevedra, Redondela e O Porriño, con remate o domingo 5 de setembro en Santiago de Compostela, para chegar como todos os peregrinos á porta da Catedral compostelá.
Tengo en conta esa promoción, a directora de Turismo de Galicia destacou no acto “o grande escaparate de promoción” que supón La Vuelta.
A proba retransmítese a 190 países cun grande impacto desde afeccionados a este deporte, pero tamén a un perfil amplo de familia, polo que este tipo de accións promocionais permiten achegar a diferentes públicos os produtos gastronómicos galegos de calidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49