Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Xornal21.es
Domingo, 01 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

A Policía Local de Tui inicia unha campaña especial de control da zona azul

O obxectivo é garantir a rotación dos vehículos nos aparcamentos gratuítos limitados en tempo

A Policía Local de Tui iniciaba esta semana unha campaña de especial atención na zona azul do municipio. Deste xeito búscase garantir a rotación nos vehículos estacionados nestas zonas de aparcamento gratuíto limitado no tempo ante a gran demanda que se produce nos meses de verán.

 

Tui dispón de máis dun centenar de prazas en Zona Azul, con estacionamento gratuíto durante un máximo de hora e media, nas rúas Augusto González Besada, Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías, e en Calvo Sotelo dende o cruzamento con Augusto González Besada até o cruzamento coa rúa Maristas.  O horario da zona azul é de 9 a 14 h e de 16 a 21 h salvo domingos e festivos, segundo recolle a Ordenanza Reguladora aprobada en 2008. Neses tramos horarios ao estacionar débese colocar o disco coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60€ na tesourería na casa do concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.


O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explica que “nos meses de verán a maior afluencia de visitantes e de veciñanza aumenta a presión sobre as prazas de aparcamento das que dispoñemos, polo que necesitamos que haxa a maior rotación posible”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.