VIGO
O Xacobeo patrocinará o europeo de Snipe que dará cita en Vigo aos mellores regatistas da flota
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, gabou esta semana a importancia da vela no deporte galego, como así o demostra a participación dos olímpicos do Náutico de Vigo Nicolás Rodríguez e Tamara Echegoyen en Tokio
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou esta semana na presentación do Europeo de Snipe que se celebrará do 4 ao 8 de agosto en Vigo e do que o Xacobeo 21-22 é o principal patrocinador. Unha cita que ten por obxectivo reunir a máis dun centenar de barcos e coa que se pretende honrar a creación da primeira flota creada en España, no club vigués en 1941.
A representante autonómica recordou que esta clase foi, da man de ilustres regatistas como Cholo Armada e Fernando Massó, “unha das flotas máis importantes e lauradas das augas galegas, nutrindo aos clubs de grandes regatistas”.
Tras valorar a decisión da SCIRA, Asociación Internacional da Clase Snipe, que concedeu ao Real Club Náutico de Vigo a organización deste campionato, gabou a importancia da vela no deporte galego como así o demostra a participación dos olímpicos Nicolás Rodríguez e Tamara Echegoyen, “con sólidas opcións de medalla nos Xogos de Tokio”.
Nesta mesma liña, destacou o traballo e as instalacións do Real Club Náutico de Vigo, que permitirá que “Vigo se vexa beneficiado de todos os elementos positivos que implican a celebración dun campionato europeo”. Lembrou así que pola cidade e da man do Xacobeo pasarán estes días máis dun cento de regatistas e as súas familias chegados de distintos países”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149