O PORRIÑO
A corporación aprobou por unanimidade o gasto de máis de 700.000 € en asfaltado e saneamento
A corporación municipal do Porriño aprobou por unanimidade dispoñer o gasto de 729.478 euros para obras de asfaltado e saneamento de vías municipais, segundo acordou o pleno ordinario de xullo celebrado esta semana. Trátase da primeira fase dun plan de actuación plurianual máis ambicioso valorado en máis de 2 millóns de euros.
Este primeiro paquete de actuacións financiase con remanente de tesourería. Foi negociado pola concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure cos demais grupos políticos da corporación local. A concelleira agradeceu nomeadamente ao Partido Popular e ao seu voceiro que "sexamos quen de chegar a acordos entre forzas políticas tan antagónicas" namentres Alejandro Lorenzo agradeceu á concelleira de Vías e Obras que "accedera a introducir as nosas propostas".
BNG e EU SON votaron a favor, aínda que a voceira de Esquerda Unida, Patricia Sío expresou a súa discrepancia por non ter negociado a través da xunta de voceiros, en lugar de reunións bilaterais.
Ao remate da votación, a alcaldesa Eva García felicitou a concelleira de Vías e Obras polo consenso acadado.
Tamén por unanimidade, a corporación porriñesa aprobou duplicar a achega ao Festival de Cans, que pasará de 20.000 a 40.000 euros anuais, segundo a proposta que defendeu Cami Moreira, concelleira de Cultura. A cambio do incremento, o Concello deixará de gastar en prestar apoio loxístico ao Festival en valados, sinalización, carpas e outras; realizaranse polos responsables do Festival unha ducia de proxeccións en parroquias e barrios ao longo do ano, e haberá unha maior visibilidade nos actos do Festival do apoio institucional do Concello.
A través dunha moción presentada polo grupo EU SON e apoiada polos restantes grupos políticos, o pleno da corporación acordou por unanimidade recuperar a atención presencial nas oficinas do Concello e prescindir da obrigatoriedade da cita previa para diversos trámites. En consonancia, a alcaldesa Eva Garcia anunciou que convocará a comisión municipal de seguimento da Covid para determinar as actuacións a seguir e valorar a estrea de novas restricións na hostalería local, xa que O Porriño entra a partires do sábado 31, en nivel alto, por decisión da Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108