Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 31 de Julio de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Política Social destaca o traballo para mellorar a vida das persoas con discapacidade intelectual

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta semana no Porriño as instalacións da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou esta semana o centro de día e do centro ocupacional da Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual (Aceesca), dedicada a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, onde traballan no fomento da súa autonomía. Alí, puxo en valor o traballo levado acabo nestes centros e agradeceu o esforzo realizado polos seus profesionais e usuarios nos últimos meses.

 

A Xunta de Galicia achega preto de 700.000 euros  para sufragar as prazas e o servizo de transporte dos dous centros desta entidade, situados no concello do Porriño. Do total da axuda, máis de 35.000 euros foron destinados a incrementar as prazas públicas do centro de día, que grazas a este novo investimento ascenden a 36. O ocupacional, pola súa banda, mantén as 37 prazas que financia a Administración autonómica.

 

Ademais, a Administración Autonómica a través da liña de axudas do 0,7% do IRPF, financia o proxecto de Escola Profesional, que traballa na formación dos seus usuarios, con máis de 51.000 euros. O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade aproveitou a visita para percorrer as instalacións e coñecer aos seus usuarios.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.