Domingo, 16 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 02 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Escola de Música de Xinzo abre o prazo para matricularse

[Img #70568]A Escola de Música de Xinzo deu comezo ao período de inscrición para o próximo curso. Dende o pasado 15 de xullo, os novos alumnos xa poden matricularse nas clases de Linguaxe Musical e de Instrumento, ao que se suma a posibilidade de entrar a formar parte da Banda de Música Infantil. Tamén os máis pequenos —nenos e nenas de entre 5 e 7 anos— teñen a oportunidade de inscribirse no Xardín Musical para aprender música dende unha idade temperá. Farano mediante un método lúdico que os axude a entrar en contacto por primeira vez con instrumentos de vento ou percusión, ademais de recibir clases de Linguaxe Musical.


O prazo para realizar a matrícula conclúe o próximo 31 de agosto. A presentación do novo curso, xunto coa elección de horarios, será o 6 de setembro ás 20:00h no local da Escola, situado no Centro Cultural de Xinzo.


Para máis información, é posible contactar coa Escola de Música a través dos números de teléfono 620-061-434 e 652-174-676, ou ben escribir á dirección de correo electrónico direccion.bmxx@gmail.com.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.