Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 20:52:45 horas

Xornal21.es
Martes, 03 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Logran a inserción laboral a metade das persoas formadas a través do programa Máis Emprego de COGAMI

Financiado por Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, este programa pretende mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade que se atopan nunha situación vulnerable

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) fai balance de como se desenvolveu durante este primeiro semestre de 2021 o programa de inserción laboral Máis Emprego, dirixido a persoas con discapacidade e/ou con incapacidade laboral da provincia de Pontevedra para mellorar a súa situación sociolaboral.


Un total de 102 persoas entraron a formar parte deste programa, 54 mulleres e 48 homes, todas elas procedentes da provincia de Pontevedra. Todas estas persoas, ademais de ter o certificado de discapacidade, tamén teñen en común correr o risco de estar en situación de exclusión social, por iso se traballa con elas de maneira individual, a través de itinerarios personalizados orientados de cara á inserción laboral.


Cofinanciado pola Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, Máis Emprego desenvolveu durante este ano un total de 5 cursos formativos con temáticas orientadas ás ocupacións máis demandadas por empresas da zona, como os de limpeza hospitalaria desenvolvidos en Pontevedra e A Estrada, auxiliar de servizos realizado en Pontevedra, de almacén e carretilla impartido en Cangas e de expendedor de combustible impartido en Vilanova de Arousa. O 54% das persoas que se formaron nalgún destes cursos logrou a inserción laboral.


Aparte dos itinerarios individualizados, a formación para a mellora da empregabilidade, a orientación laboral na busca activa de emprego e o apoio e seguimento, Máis Emprego contempla ademais a realización de visitas a empresas para captar ofertas de emprego e tamén, analizar as necesidades de especialización de persoal que teñen, que postos son os que contan con máis demanda.


Despois do verán, está previsto impartir un curso de expendedor de combustible e outro de auxiliar de servizos, ámbolos dous en Vigo. Ademais, seguiranse desenvolvendo seminarios orientados á inserción laboral, como o de alfabetización dixital e accións de mellora da empregabilidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.