Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 20:52:45 horas

Xornal21.es
Jueves, 05 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta impulsa o programa cultural 'Coñece O Teu Camiño' c

O delegado territorial, Luis López, e representantes da Asociación Cultural Interfolk presentan esta iniciativa, que contempla actuacións no Rosal, Barro, Portas, Catoira e Soutomaior

A Xunta de Galicia está a impulsar, a través da colaboración da Axencia Turismo de Galicia, o programa cultural Coñece O Teu Camiño, que inclúe cinco espectáculos baseados na tradición e nas rutas xacobeas e que se desenvolverán na provincia de Pontevedra ao longo do vindeiro mes.


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e representantes da Asociación Cultural Interfolk, promotora desta actividade, presentaron esta semana as datas, os lugares e o contido destas actuacións no edificio administrativo de Campolongo.


“Dende a Xunta de Galicia estamos absolutamente comprometidos co Xacobeo 2021-2022 tanto pola súa importancia intrínseca como polo seu enorme valor como ferramenta de reactivación socioeconómica pola crise sanitaria da covid-19. Por elo, estamos a difundilo e a estendelo por todo o territorio da nosa comunidade, con máis de 400 eventos dende o pasado ano, para universalizar aínda máis o Camiño de Santiago e seguir favorecendo que os galegos sintan o Ano Santo como algo propio e que forma parte da nosa identidade”, sinalou o representante autonómico, que agradeceu ao colectivo Interfolk o esforzo e a calidade do seu espectáculo.

 

 

 

 

“Estamos a difundir e estender o Xacobeo 2021-2022 por todo o territorio, con máis de 400 eventos dende o pasado ano, para universalizar aínda máis o Camiño e favorecer que os galegos sintan o Ano Santo como algo propio”, sinala Luis López

 

 

 


O proxecto Coñece O Teu Camiño, que conta coa colaboración económica da Xunta de Galicia, configúrase como un evento transversal que inclúe un espectáculo infantil a cargo de Barafunda Animación centrado na peregrinaxe do Camiño e o Océano Atlántico e unha actuación de folclore con música e danza tradicional.


No mesmo participan, ademais de Barafunda, a Asociación Folclórica Corisco, a Banda de Gaitas Xarabal e a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas.


A xira de Coñece O Teu Camiño pola provincia de Pontevedra arrancará este sábado, 7 de agosto, na Praza do Calvario do Rosal e continuará no Pazo da Crega de Barro o sábado 28 de agosto, o Auditorio de Portas o domingo 29 deste mes e o Auditorio de Catoira o sábado 4 de setembro para finalizar ao día seguinte na Alameda Talo Río de Soutomaior.


Todas as actuacións comezarán ás 20.00 horas e cumprirán os protocolos de protección e seguridade sanitaria fronte á covid-19 incluíndo control de accesos e aforos, rexistro de asistentes, medidas hixiénicas e emprego de máscaras, entre outras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.