PROVINCIA
A Deputación de Huelva visita Sogama para coñecer a xestión dos residuos na comunidade galega
A Deputación de huelva visita Sogama para coñecer a xestión dos residuos na comunidade galega
A presidenta da Deputación provincial de Huelva, María Eugenia Limón, e membros do seu equipo visitaron esta semana o Complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, co obxectivo de comprobar de primeira man o seu labor e funcionamento, ademais de coñecer a súa traxectoria, evolución histórica e previsións de futuro; e, en definitiva, interesarse pola xestión dos residuos na Comunidade galega.
María Eugenia Limón foi recibida polo presidente executivo de Sogama, Javier Domínguez Lino, e pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez Castellanos.
A visita comezou cunha reunión, na que Domínguez Lino explicou as distintas facetas de actividade da empresa, tendo en conta que “van máis alá da área industrial, levando a cabo un importante labor no ámbito educativo e sociolaboral”.
Neste sentido, lembrou os numerosos programas pedagóxicos e campañas de concienciación promovidos por Sogama, da man da Xunta de Galicia, para reforzar a formación da cidadanía na xestión sostible dos residuos urbanos, así como a contribución da empresa á creación de riqueza e emprego, con 1.000 postos de traballo, entre directos e indirectos.
O presidente de Sogama tamén fixo especial fincapé no proceso de transformación loxística e de xestión dos últimos anos, posibilitado pola ampliación do Complexo cercedense ao incrementar a súa capacidade de tratamento nun 81%, pasando desde as 550.000 toneladas anuais a 1 millón. Así mesmo, incidiu na firme aposta de Sogama pola industria 4.0, permitíndolle recuperar, do lixo en masa, os materiais susceptibles de ser reciclados.
Domínguez Lino explicou á presidenta, María Eugenia Limón, as distintas facetas de actividade da empresa, tendo en conta que “van máis alá da área industrial, levando a cabo un importante labor no ámbito educativo e sociolaboral”
Detívose tamén en amosar os datos que acreditan as baixas emisións da planta termoeléctrica, grazas á incorporación de tecnoloxías de última xeración que garanten unha operativa absolutamente respectuosa co medio ambiente e a saúde.
E, igualmente, incidiu na plena compatibilidade e complementariedade de Sogama con outros sistemas de tratamento de residuos, poñendo como exemplo o programa de compostaxe doméstica que lidera esta entidade en Galicia e no marco do cal distribuíu, de forma gratuíta, máis de 17.000 composteiros entre 400 entidades, encargándose igualmente da formación dos cidadáns e a dotación de recursos didácticos e divulgativos.
Rede para a valorización da materia orgánica
Por outra banda, Domínguez Lino avanzou a configuración da rede de infraestruturas coa que se posibilitará que máis de 2,2 millóns de galegos teñan acceso á valorización da materia orgánica recollida selectivamente a través do quinto contedor, de cor marrón.
Á planta de biorresiduos que opera en Cerceda, sumaranse a de Vilanova de Arousa (Pontevedra), Cervo (Lugo) e Verín (Ourense), catro instalacións que estarán apoiadas por 13 plantas de transferencia nas que se habilitará unha tolva específica para o transvase do lixo orgánico.
Desta forma, axudarase aos concellos a que dean cumprimento á obrigatoriedade legal de implantar a recollida separada da fracción orgánica contida nos residuos urbanos antes do 31 de decembro de 2023.
“A nosa prioridade, como instrumento ao servizo da Xunta, é dotar a Galicia das instalacións necesarias para que a Comunidade responda, de forma efectiva e eficiente, aos obxectivos europeos no ámbito da reciclaxe e avance cara a un desenvolvemento circular”, concluíu o máximo responsable de Sogama.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151