Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal reclama unha mellora da súa atención primaria

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal entregou esta semana na Delegación da Xunta as súas demandas apoiadas por máis de 1.200 firmas da veciñanza

O Rosal non abandona a súa loita para denunciar o desmantelamento do servizo de atención primaria no municipio. Onte, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Rosal, representada pola Alcaldía, a concellaría de Sanidade, todos os grupos municipais, persoal médico sanitario, e o tecido asociativo do concello, fixo entrega das súas demandas na Delegación da Xunta en Vigo. Este documento contaba con máis de 1.200 firmas de veciños e veciñas do Rosal que subscribían cada unha das denuncias e demandas formuladas pola Plataforma.


A alcaldesa, Ánxela Fernández, encabezou a presentación deste documento. “Nel solicitamos unha ampliación de persoal sanitario que vaia acompañado de melloras en termos de infraestruturas e equipamento”, afirma. A alcaldesa denuncia que o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente polas deficiencias nas  instalacións e a falta de medios persoais. Hoxe mesmo só había un médico dispoñíbel para atender citas de receitas cun mes de demora.

 

 

 

 

O Concello leva tempo reclamando unha ampliación de persoal sanitario que vaia acompañado de melloras en termos de infraestruturas e equipamento

 

 

 


A situación agravouse de xeito importante durante a pandemia. Sanidade desprazou á Guarda o servizo de pediatría, pechou a consulta de San Miguel, e non corrixiu a carencia de espazo e de dotación material do Centro de Saúde. Ademais, a implantación da atención telefónica supuxo un afondamento no deterioro do servizo, ademais de poñer ás profesionais do centro nunha situación límite ao enfrontarse a unha multiplicación da carga de traballo e a unha sobrecarga emocional, xa que unha parte da poboación os fai responsables do deterioro do servizo. Esta situación fai que no Rosal o persoal  atenda a un número de pacientes que supera as recomendacións dos colexios médicos e da OMS.


Para corrixir esta situación a Plataforma demanda un servizo de pediatría no Rosal, a recuperación da praza de matrona, a substitución das baixas e vacacións do persoal sanitario, a atención presencial dotando ao persoal dos medios adecuados, a creación dunha praza máis de persoal médico e dúas de persoal de enfermaría, e melloras na dotación de infraestruturas, espazos, e equipamentos precisos para unha atención de calidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.