Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Xornal21.es
Viernes, 06 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación e Universidade de Vigo achegan 30.000 € para estudos feministas

Trátanse de iniciativas para promocionar e potenciar os estudos feministas ou de xénero no ámbito da cultura e da sociedade dixital que se van desenvolver nos campus de Pontevedra e Vigo

Xa se coñecen os proxectos universitarios de investigación que veñen de ser beneficiados cos 30.000 € da convocatoria de axudas da Cátedra de Feminismos 4.0 da Deputación de Pontevedra e da Universidade de Vigo deste ano 2021. Trátanse de nove proxectos, tres máis que o pasado ano, centrados na promoción dos estudos feministas ou de xénero no ámbito da cultura e da sociedade dixital que van recibir entre 5.500 € de contía máxima e 1.750 € de mínima para afondar nas súas investigacións.

 

O proxecto que acadou a maior puntuación e contía das axudas é “Alumnas e alumnos de segundo curso de bacharelato científico-tecnolóxico de Galicia diante das enxeñerías e das tecnoloxías: unha imaxe estereotipada?”. Seguidamente atópanse “Mulleres pontevedresas na rede II. Análise do discurso de odio e outras violencias contra xornalistas e políticas”; “Identificación de comentarios sexistas nas redes sociais mediante técnicas de Intelixencia Artificial”;  “Estudo dos espazos virtuais dos museos e centros de arte galego desde a perspectiva de xénero”; “Frida-Axente conversacional feminista orientada á diagnose do deterioro cognitivo leve”; “Cóntancho as matemáticas: un estudo de xénero”; “MULIER. Mulleres silenciadas en tempos dos primeiros Trastámara de Castela”; “Sesgos na Intelixencia Artificial: posibles solucións para a elaboración de algoritmos éticos nas políticas públicas desde a óptica do Dereito Administrativo” e “Mulleres nas STEM: Análise forense da calidade da inserción laboral das graduadas en STEM e PECS”.

 

A terceira edición das axudas de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0, en réxime de concorrencia competitiva, estaba aberta a axudas ao financiamento de proxectos de investigación dos campus de Pontevedra e Vigo da Universidade de Vigo centrados no deseño de apps con perspectiva de xénero, cibersororidade, analítica dixital, androcentrismo dos algoritmos, imaxinarios de xénero, pensar para internet, o xénero nas redes sociais, network feministas, violencias de xénero nas redes, arqueoloxía e agronomía dixital, arte e deseño dixital, xénero nas redes sociais, sexismo nas redes, hacker ético e feminista, historia das científicas e programadoras, as geekgirls, mulleres nas STEM ou análise de datos sociais.

 

O pasado ano beneficiáronse destas axudas seis proxectos entre os que se atopaban “Percepcións do alumnado de bacharelato sobre as enxeñarías: por que aínda non é unha opción para elas?”, “Mulleres pontevedresas na rede. Análise do discurso, micromachismos e discurso de odio en Twitter”, “Microaprendizaxe feminista corporativa”, “Vocacións matemáticas na última etapa de educación primaria; perspectiva de xénero”, “Instagram: imaxinarios de xénero da mocidade. Estudo comparativo entre espazos virtuais dos campus galegos” e “Intelixencia artificial e xénero: bases éticas e problemas de sesgo de xénero na elaboración de algoritmos para políticas públicas e procedementos administrativos”.

 

Xunto a estas axudas a proxectos de investigación, que a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo impulsan por terceiro ano consecutivo, este ano tamén se van poñer en marcha outras moitas iniciativas no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 como a segunda edición dos premios GirlGeek Covid,  o terceiro workshop “Sociedade dixital e xénero: Hackeando o patriarcado”, o Comité de Sabias, o “Laboratorio de ideas”, o Observatorio Virtual de machismo dixital “Stop machistroles”, así como produtos dixitais didácticos e divulgativos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.