GALICIA
A Xunta convoca axudas para apoiar a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero
O Diario Oficial de Galicia publicou esa semana este programa de apoios que se poderá solicitar desde mañá e ata o próximo 6 de setembro
A Xunta convoca hoxe un programa de axudas novidoso destinado ás entidades sen ánimo de lucro para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero, unha iniciativa que forma parte do Pacto do Estado en materia de violencia de xénero e que se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) tras ser abordada no seo do Diálogo Social.
A Consellería de Emprego e Igualdade inviste nesta nova actuación, que se poderá solicitar desde mañá e ata o próximo 6 de setembro, un total de 600.000 euros. A medida está destinada a apoiar a independencia económica das vítimas, xa que a Xunta considera que é clave para garantir que as mulleres en situación de violencia de xénero consigan maior estabilidade persoal, social e laboral. Un emprego é a porta que vai permitir a estas mulleres saír do círculo da violencia e lograr esa independencia económica e persoal necesaria para rachar o vínculo co seu agresor e lograr a súa plena recuperación.
A medida abordouse no seo do Diálogo Social e forma parte das accións que a Xunta desenvolve a través do Pacto do Estado en materia de violencia de xénero
A convocatoria que hoxe recolle o DOG supón, polo tanto, un paso máis no camiño da recuperación. Os beneficiarios deste programa recibirán a contía necesaria para sufragar as retribucións salariais brutas das mulleres incorporadas, ata un máximo de 12 mensualidades. As destinatarias finais destes apoios serán mulleres que sofren violencia de xénero e que consten como inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Trátase de axudalas a acadar unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia e empoderamento, reforzando ao tempo unha posterior inserción laboral estable.
Neste ámbito, a Xunta xa convocou e resolveu este ano as axudas destinadas ás entidades locais para a contratación tamén de mulleres vítimas de violencia de xénero. A Administración autonómica destinou a esta acción 1,4 millóns de euros, o que permitiu a contratación de 62 mulleres nunha trintena de concellos.
A actuación forma parte do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero que a Comunidade desenvolve en Galicia para dar protección específica aos menores como parte do seu recoñecemento como vítimas directas e outorgar autonomía económica ás mulleres vítimas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151