Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Xornal21.es
Domingo, 08 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

A Biblioteca Municipal acolle os graffitis da exposición “Xuventude Crea”

Ao longo do mes de agosto o Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, acolle a exposición "Xuventude Crea. Máis dunha década" que recolle unha escolma das obras participantes neste certame convocado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia en numerosas disciplinas. Unha parte desta mostra colectiva, en concreto os graffiti poden contemplarse na Biblioteca Municipal de Tui


Nesta mostra figuran as obras de Iria, Fafián, Miguel Aurelio Cajaraville, Fercho R.M. e Margot Rodríguez.


Esta exposición "Xuventude Crea. Máis dunha década" repasa os máis de dez anos de vida dun programa que busca recoñecer e dar visibilidade á innovación da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes. A mostra, que ten carácter itinerante, confórmana diferentes traballos de mozas e mozos galegos en seis disciplinas diferentes que participaron nesta iniciativa da Xunta de Galicia que promove o talento e a creatividade da mocidade galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.