VIGO
Fernández-Tapias pronuncia a invocación ao Apóstolo
Foi en nome dos participantes na XI Ruta Marítima o Cabaleiro das Cunchas
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realizou hoxe a invocación ao Apóstolo na misa do peregrino celebrada na Catedral de Santiago en nome dos participantes na IX Ruta Marítima O Cabaleiro das Cunchas, unha travesía impulsada pola Fundación Traslatio seguindo os relatos da tradición xacobea. Na súa intervención, a representante autonómica na cidade de Vigo e a súa área de influencia lembrou que o Camiño de Santiago é “unha mestura de recordos e vivencias, de espiritualidade e de soidade compartida, que teñen feito deste Camiño, o noso camiño”.
Tras sinalar que “a pandemia e as súas secuelas económicas son un tramo do noso propio camiño vital moi difícil de asimilar; un tempo que precisou, e precisa, de grandes esforzos sanitarios e económicos”, implorou ao Apóstolo a súa axuda para que “sigua, coma sempre, pendente de nós, das nosas familias e amigos, de todos os peregrinos; do mundo enteiro”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149