Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 06 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos anuncia o gran concerto de La Vuelta coas entradas para SÉS esgotadas

Xoel López actuará en Mos o martes 31 de agosto

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciaba hoxe o gran concerto que acollerá o municipio con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 Sanxenxo-Mos con meta no Castro de Herville, parroquia de Cela. Trátase da actuación de Xoel López que estará en Mos o martes 31 de agosto.


A rexedora local mosense anunciaba esta gran nova ao tempo que informaba de que se atopan esgotadas as entradas para o concerto de SÉS que terá lugar mañá ás 21.30 horas con motivo das Festas do Patrón, San Mamede.


A programación municipal con motivo do Patrón local comeza hoxe ás 21.00 horas coa actuación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso, seguido de Andrea Pousa e o seu espectáculo, Un Verso un Cantar, ás 22.00 horas.
Mañá, día de San Mamede, ademáis do concerto de SÉS, pola mañá, ás 12.00 horas, oficiarase a Misa Solemne e haberá actuación da Banda de Música Xuvenil de Torroso. Pola tarde ás 18.00 horas un partido de fútbol feminino no Campo de Fútbol das Baloutas e ás 20.00 horas actuación da Banda de Música de Ribadumia.
E por último, o domingo, 8 de agosto, ás 13.00 horas, oficiarase a Santa Misa, haberá actuación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso e, ás 21.00 horas, actuación de The Turres Band.


Concertos de La Vuelta 21
Ademais de Xoel López, a alcaldesa de Mos informou de que o propio 4 de setembro, día da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos, celebrarase outro concerto de altura no municipio. Será o que ofrecerá o emblemático grupo Milladoiro


Xacobeo 2021-2022
Estes 3 grandes concertos mosenses, tanto o de SÉS de mañá como o de Xoel López do 31 de agosto e Milladoiro o 4 de setembro enmárcanse dentro do Xacobeo 2021-2022 e contan con financiación da Xunta de Galicia. É por elo que Arévalo agradeceu neste senso “enormemente o aopio da Xunta e do Xacobeo, que permite e fai posible esta gran programación musical en Mos. Sen o respaldo autonómico, estes tres grandes concertos non serían posibles, por iso é máxima a gratitude do Concello cara a Xunta de Galicia; por axudarnos a ter o Xacobeo e La Vuelta que Mos merece”, declarou a rexedora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.