Martes, 03 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 03 de Marzo de 2026 a las 19:43:02 horas

Xornal21.es
Jueves, 12 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

A Xunta de Galicia colabora na mellora do templo Votivo de Panxón

O pasado mes de xullo técnicos da Consellería de Cultura visitaron a igrexa, onde se reuniron con representantes da Parroquia e da Diócese de Tui-Vigo, propietaria do inmoble, para estudar as solucións e metodoloxías máis axeitadas

A Xunta de Galicia xa está colaborando coa Diócese de Tui-Vigo na mellora do Templo Votivo do Mar en Panxón (Nigrán), obra do arquitecto Antonio Palacios.

 

Con obxecto de mellorar as condicións desta singular igrexa (coñecida tamén como Igrexa de San Xoán de Panxón), técnicos da Consellería de Cultura desprazáronse o pasado mes de xullo ao templo, onde se reuniron cos seus responsables co obxectivo de estudar posibles solucións así como as metodoloxías máis axeitadas para levar adiante os traballos de conservación do monumento en base ao coñecemento que xa teñen sobre o seu estado.

 

Esta colaboración enmárcase dentro do seguimento da evolución da afección do templo  que veñen facendo os responsables da Parroquia e da Diocese de Tui-Vigo (que como propietaria do inmoble é a encargada de velar pola integridade do mesmo), co asesoramento dos servizos técnicos da Consellería de Cultura.

 

Na reunión púxose de manifesto a complexidade da conservación, xa que se trata dun inmoble construído no século XX, con pedra de granito, cemento portland, vidros deseñados para o uso industrial e formigón de deficiente execución, nunha época na que estes materiais non eran habituais e, ademais, eran escasos.


Con todo, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai apoiar esta rehabilitación que se mostra como singular e dificultosa tendo en conta as características particulares do monumento así como a a deficiente calidade e evolución dos materiais e sistemas construtivos empregados na súa construción.


Unha vez pechado os estudos previos e o informe de necesidades, procederase á redacción do proxecto e a contratación dos traballos nos termos nos que fixe o acordo de colaboración coa Diócese.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.