MOS
Aprobada a mocion dos socialistas de Mos sobre o Centro de Saúde
O grupo municipal socialista decidiu presentar unha moción na que se debatese "a situación que está a padecer o centro de saúde de Mos, tanto no relativo as instalacións coma a falta de persoal". Facéndose eco "de queixas da veciñanza e do propio persoal sanitario, consideraron pertinente propoñer a debate esta moción de calado social no pleno de xullo".
Os socialistas expuñan entre os motivos que propiciaron esta situación, a desmantelación provocada polo Partido Popular no relativo a sanidade. Situación que xa se viña arrastrando dende anos anteriores derivada da redución do investimento que a Xunta fai nesta area, e que trala pandemia quedou moito máis evidenciada. Argumentos que dende a bancada do Partido Popular pediron que se retirasen alegando que non era certo, os socialistas negáronse por considerar unha falta de respecto a toda a veciñanza ocultar un feito fidedigno.
Nas propostas que incluía a moción estaban arranxar os desperfectos, aumentar a plantilla de sanitarios xa que actualmente están sobrecargados de traballo e así tamén reducir listas de espera, intentar recuperar na medida do posible a atención persoal xa que as citas por teléfono resultan bastante problemáticas e realizar un estudo para a creación dun novo centro de saúde.
A voceira socialista valora positivamente que toda a corporación estivese de acordo con esta moción e espera que a Xunta actúe en relación a este tema. Afirma que Mos conta cun centro de saúde que leva anos sen contar cunha reforma importante e que é o momento porque as deficiencias están a ser preocupantes. Engade que espera que se lle transmitan estas demandas dende a alcaldía ao conselleiro de sanidade, xa que ademais de sacarse fotos cos responsables de cada cargo di que deben das traslado das necesidades do municipio. Alonso finaliza dicindo que un Concello coma Mos, que conta cun único centro médico, debería ter unhas instalacións óptimas e declara que é unha magoa que o Partido Popular non aposte pola sanidade pública.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103