Xornal21.es
Domingo, 15 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
GALICIA
Galicia financia ata o 50% do investimento nas empresas de cultivos mariños
A Xunta destina máis de 4,7 millóns de euros en axudas a unhas iniciativas que superarán os 11 millóns de euros de investimento total co obxectivo de mellorar a produción, a eficiencia enerxética e o labor das firmas acuícolas
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta semana as instalacións de preengorde de moluscos que a empresa de cultivos mariños Venerupisgal ten no polígono bateeiro A Pobra do Caramiñal B para coñecer as melloras introducidas nestas infraestruturas ao abeiro das axudas concedidas pola Xunta de Galicia co obxectivo de impulsar a produción do sector. A titular de Mar salientou que o Executivo galego aprobou na convocatoria deste ano preto dun cento de proxectos por un importe global de axuda de algo máis de 4,7 millóns de euros e que estas actuacións implicarán un investimento total de máis de 11 millóns de euros pois a Administración galega subvenciona ata o 50% dos gastos nos que incorren as empresas.
Estes apoios, cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), teñen como finalidade mellorar a produción, a eficiencia enerxética e o labor das empresas acuícolas e teñen como potenciais beneficiarios aos bateeiros, confrarías de pescadores e acuicultores que promovan unha actividade sustentable, titulares de establecementos de acuicultura situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima que teñan as súas instalacións na comunidade.
A conselleira do Mar, que estivo acompañada pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, explicou que a empresa Venerupisgal recibiu desde 2009 máis de 160.000 euros de axuda da Xunta en distintas convocatorias que lle permitiron mellorar as súas instalacións e equipamentos. A súa actividade, incidiu Rosa Quintana, céntrase no preengorde de especies como a ameixa babosa, fina e xaponesa, ostra plana e rizada ou vieira, algunhas delas fundamentais para as sementeiras que se realizan nos bancos marisqueiros da comunidade para a súa recuperación.
A conselleira do Mar visitou as instalacións de preengorde de moluscos que a empresa Venerupisgal ten no polígono bateeiro A Pobra do Caramiñal B
A titular de Mar lembrou que ademais desta liña de axudas a Xunta tamén aprobou seis proxectos de investigación de organismos científicos ou técnicos para fomentar o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no eido dos cultivos mariños, cun apoio de preto de 900.000 euros, e que está en tramitación a convocatoria de achegas para as empresas que rexistraron caídas de ingresos en 2020 como consecuencia da alerta sanitaria polo coronavirus.
O Executivo galego destina a esta última medida un orzamento de 3,5 millóns de euros para compensar ata o 50% do descenso na facturación sufrido polas empresas acuícolas entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 sempre e cando sexa de polo menos un 20% en relación cos ingresos medios para o mesmo período nos tres anos anteriores -2017, 2018 e 2019-. O importe máximo de axuda por beneficiario é de 200.000 euros.
Todos estes apoios, salientou a titular de Mar, son fundamentais para impulsar o crecemento da actividade en Galicia e para garantir a competitividade das empresas. Por iso, engadiu, é fundamental investir de xeito constante na modernización das instalacións e na adquisición de novos equipamentos e tecnoloxía avanzada.
Venerupisgal
Esta empresa con sede en Boiro conta con dúas bateas e unha plataforma experimental no polígono da Pobra do Caramiñal B para o preengorde de ameixa babosa, fina e xaponesa, ostra plana e rizada e vieira acadando unha produción anual de 20 millóns de unidades para o conxunto de especies cultivadas. A axuda de preto de 22.000 euros que lle foi concedida no marco da convocatoria de achegas deste ano ten como obxectivo modernizar a embarcación auxiliar Venerupis mediante a instalación de distintos equipamentos tecnolóxicos novos como un radar ou unha sonda, entre outros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149