GALICIA
Xunta e forzas de seguridade acordan extremar a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias esta fin de semana
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acordaron, nunha reunión por videoconferencia cos xefes das policías locais das principais cidades galegas e cos mandos policiais da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica, extremar os controis e incrementar os dispositivos para evitar infraccións
As forzas de seguridade extremarán a vixilancia esta fin de semana en Galicia para evitar aglomeracións de persoas e incumprimentos nas normas de seguridade. Así se acordou esta mañá nunha reunión de coordinación de seguridade presidida polo vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e á que asistiron tamén por vía telemática o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e os mandos das policías locais das principais cidades galegas, así como responsables autonómicos da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica.
Perante unha ponte na que se prevén moitos desprazamentos e na que tradicionalmente se celebraban moitas festas en Galicia, as autoridades e os mandos policiais recordan a necesidade de seguir respectando as restricións ás que obriga a situación sanitaria pola covid-19. Polo tanto, tal e como se acordou no encontro, os axentes vixiarán especialmente os lugares de ocio nocturno, a celebración de festas privadas e os botellóns, que están prohibidos.
Os responsables autonómicos tamén comentaron cos mandos policiais os diferentes escenarios que se abren de cara a esta fin de semana, á espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a obligatoriedade de presentar o certificado covid para entrar nos locais de hostalería nos concellos con máis alta incidencia epidemiolóxica.
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, apelou unha vez máis á responsabilidade e recordou que, mentres a maioría da poboación non estea inmunizada, as normas seguen a ser de obrigado cumprimento e que os axentes vixiarán, especialmente nesta fin de semana, que se respecten as limitacións, tendo en conta que o feito de non facelo pode levar aparelladas multas para os infractores que, nos casos dos botellóns, poden elevarse aos 200 ou 300 euros por participante.
Os axentes controlarán os lugares de ocio nocturno atendendo ás normas en vigor e vixiarán que non se celebren botellóns nin festas privadas, que están prohibidas
Rueda pediu “sentidiño” á poboación, especialmente aos máis novos, aos que solicitou prudencia porque “independentemente de que estean ou non vacinados, as normas son para todos”.
No encontro telemático, Alfonso Rueda agradeceu a labor das forzas de seguridade do Estado e pediulles especial vixilancia estes días de festa, lembrando que unha alta porcentaxe de contaxios se producen en encontros familiares.
Pola súa parte, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, salientou que hai varios factores que fan que esta ponte festiva sexa "perigosa": o bo tempo, as vacacións, a celebración de festas populares e unha "euforia" da xente xa vacinada cunha falsa sensación de seguridade. Julio García Comesaña lembra que aínda estamos en pandemia e que hai que ser prudentes. Incluso cando temos a máis do 70% da poboación inmunizada, o "virus segue circulando e pode facer aínda moito dano".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149