DEPORTES
Máis de 200 nadadores e nadadoras participaron na travesía a nado vila do Tea
O sábado 14 de agosto a praia da Freixa vestíase de gala para dar acollida á V Travesía a nado " Vila do Tea", a 1ª etapa do Circuíto Galego de Augas Abertas 2021, cun tempo solleiro ideal para a práctica da natación en augas abertas.
Os máis de 200 nadadores e nadadoras inscritos constituían o récord de participación da proba.
Miguel Martínez, do RC Náutico Vigo, e Aroa Silva, do CN Santa Olaya, foron os vencedores na categoría élite.
Nesta categoría, representando ao club do condado, Carla Faro conseguiu o 2º posto e Iria Lemos o 4º mentres Javi Alonso e Lucas Costa acadaron o 4º e 5º respectivamente, tendo tamén ampla representación nos podios nas restantes categorías.
Na proba de natación adaptada foi Borja Gómez quen conseguiu a victoria.
![[Img #70876]](https://xornal21.com/upload/images/08_2021/9040_img-20210816-wa0034.jpg)
O broche final foi a competición de remudas mixtas, que este ano estivo máis reñida e disputada que nunca.
Logo da entrega de trofeos, deportistas e público xeral gozaron dunha zona de lecer onde, coas medidas de seguridade fronte ao covid19, descansar, xantar e conversar á beira o río.
O Club de natación destaca o enorme valor deste tramo do Tea para a práctica de deportes acuáticos e lembra a importancia que ten o turismo deportivo como elemento de dinamización económica e turística para a nosa vila.
Finalmente, o club agradece a todas as persoas, colaboradores, empresas e comercios a súa implicación para a organización e celebración desta clásica das augas abertas galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40