GALICIA
Ángeles Vázquez felicita ao pescador galego David Arcay
O catro veces campión do mundo quedou onte no terceiro posto tanto na modalidade individual como na competición por equipos, xunto ao resto da selección española
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, felicita ao pescador coruñés David Arcay polos seus excelentes resultados no campionato mundial de pesca de salmónidos mosca, celebrado en Finlandia do 12 ao 15 de agosto e no que quedou en terceiro lugar nas categorías individual e por equipos.
Catro veces campión do mundo nesta modalidade, cómpre subliñar que David Arcay é, aos seus 30 anos, todo un referente a nivel galego e mundial da pesca deportiva, coñecido tamén por achegar os valores deportivos e medioambientais asociados a esta disciplina ao público máis novo. Ademais, ostenta o récord de precocidade como campión individual de pesca de salmónidos mosca na historia deste deporte, título que gañou con só 21 anos.
Coa súa participación en Finlandia, xa son 14 os campionatos internacionais aos que asiste o deportista coruñés, que acaba de sumar dúas novas medallas de bronce ao seu palmarés persoal demostrando deste xeito que segue a manterse na elite desta esixente disciplina.
Así, ademais de quedar no terceiro posto na competición individual, tamén xogou un papel clave na consecución da medalla de bronce para a selección española, que se subiu ao podio por sexto ano consecutivo e foi superada unicamente polos equipos de Finlandia e Francia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149