Jueves, 18 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

O deporte sobre rodas reina en Mos

O 28 de agosto pola tarde celebrarase unha nova iniciativa incluída no programa de actividades con motivo de La Vuelta 21 no municipio. Trátase de ‘Mos sobre rodas’, para todos os públicos no Castro de Herville

O Concello de Mos, en colaboración con La Vuelta 21, a Asociación Cultural e Social de Herville, e a Asociación Veciñal e Cultural Celado de Cela, organizan unha nova iniciativa enmarcada dentro do programa municipal de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.

 

Nesta ocasión trátase dun evento dirixido a todos os amantes do deporte sobre rodas, que poderán participar, tanto individualmente como en familia, no encontro ‘Mos sobre rodas’ que se celebrará o sábado 28 de agosto a partir das 17.30 horas da tarde no Castro de Herville. O evento está pensado para públicos de todas as idades, que participen cos seus vehículos sobre rodas sen motor, tales como patíns, patinetes, bicicletas, triciclos… todas as alternativas son posibles para unha tarde de lecer, deporte, música e cultura ao aire libre.

 

Os interesados en participar xa teñen o prazo de incrición aberto ata o vindeiro martes 24 de agosto. As inscricións e compra de tíckets pódese formalizar desde xa en 4 puntos: Centro Cultural de Herville, recepción do Pazo de Mos, cafetería do Centro Dotacional de Torroso, e cafetería do Centro Cultural Nosa Terra de Pereiras. O prezo dos tíckets é de 5 euros para persoas de 13 anos en diante e gratuíto ata os 12 anos de idade. É imprescindible a adquisición dos tíckets antes da data da actividade, sexa cal sexa a idade do/a participante.

 

A actividade consistirá nun circuito pechado para todo tipo de vehículos sen motor, marcha MBT para maiores de 12 anos, actuacións de Argonat Band, Grupo Infantil de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Banda de Gaitas de Herville, Grupo de Gaitas e Baile Celado; merenda popular a base de empanada, auga e refrescos; e un sorteo de agasallos de La Vuelta.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.