Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 23 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal licita a rehabilitación da escola unitaria de Pías

Será a primeira dos seis centros educativos do rural nos que o Concello investirá 200 mil euros

 Rosal aposta pola educación de proximidade coa rehabilitación progresiva das súas escolas unitarias. O Concello investirá 200.000 euros en accións de mellora da eficiencia enerxética e do confort para contribuír na conservación destes  espazos, e na protección do medio ambiente O proxecto arrancará coa transformación da escola unitaria de Pías, que foi licitada esta semana en Xunta de Goberno.


A reforma do CRA de Pías transformará o centro en termos de eficiencia enerxética, implementando medidas que axudan a reducir ao mínimo o consumo e mellorando en gran medida o confort interior.  A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que para o Concello “as seis escolas unitarias do Rosal son unha prioridade”, que permiten “fomentar unha educación de proximidade e responsabilidade coa nosa contorna entre os nenos e nenas”. Por todo isto, “queremos que sexan espazos modernos e sostibles”, conclúe.


As aulas das escolas en Couso, Fornelos, Marzán, Novas, Paradelas e Pías contan nestes intres con 8 unidades de educación infantil e 3 de primaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.