Lunes, 17 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 23 de Agosto de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta concede máis de 33.000 euros aos clubs deportivos de Ponteareas

A Secretaría Xeral para o Deporte fixo públicas as subvencións concedidas a entidades deportivas do municipio por valor de 33.886,69 euros

O Grupo Municipal do PP agradece as axudas que acaban de facerse públicas no DOG, referentes ás subvencións para entidades deportivas de Ponteareas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de seguridade e prevención no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da COVID-19.

 

“Máis de 33.000 euros que en plena pandemia, coa limitación de aforos e o gasto que sufriron os clubs para material e epis debido á COVID-19, son máis necesarios que nunca”.

 

Por outra banda a portavoz local, Belén Villar, lamenta a desidia do Goberno local, que aínda non puxo en marcha as axudas a nivel municipal. “Un ano máis temos que estar a rogar ao bipartito e lembrando que fagan os seus deberes. Que por favor poñan estas axudas en marcha e así os clubs poidan continuar coa súa actividade tan prexudicada por todas as restricións e situacións que provocou a pandemia na que nos atopamos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.